Partido Popular de Lugo

O GPPP afirma que a política de persoal da Deputación “é notoriamente mellorable”

Lugo, a 6 de agosto de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou hoxe que a política de persoal que se está a levar a cabo dende o bipartito da Deputación “é notoriamente mellorable, e gañase a pulso os calificativos de clientelar e caciquil”.

A nova RPT aprobada cos votos do socialistas e nacionalistas “vai afondar nas diferencias salariais e establece certas modificacións que non se xustifican suficientemente”, asegurou o voceiro adxunto do GPPP José María González Barcia.

Así, hai postos de traballo que están descompensados: algún posto de xefe de unidade para o que se require o grupo A-2 terá un nivel menor que outros postos de igual categoría, por exemplo. “Tamén resulta sorprendente que o posto de Xefe de Servicio de Contratación e Fomento esté sen valorar na modificación da RPT”, engadiu.

Barcia explicou tamén que “segundo a modificación da RPT preténdese que haxa xefes de servicio de libre designación e outros que o sexan por concurso, o que, de entrada, non está xustificado no documento e polo tanto cabe consideralo como un intento por controlar políticamente a estructura administrativa da Deputación”.

O voceiro adxunto dos populares referiuse ademais á contratación de persoal levada a cabo por Suplusa: “o 28 de abril do presente ano publícase un anuncio no BOP para a contratación de seis pilotos e seis guías para os barcos, dun técnico deportivo e dun coordenador de actividades ‘en virtude de encomendas de xestións feitas polas vicepresidencias primeira e terceira’. Pois ben, o propio BOP publica o sábado 15 de maio varias resolución do presidente da Deputación convocando ós aspirantes para o martes día 18 (o 16 e o 17 de maio foron domingo e Día das Letras Galegas respectivamente). Pero o máis chocante é que a Xunta de Goberno aproba as correspondentes encomendas de xestión das dúas vicepresidencias indicadas na súa sesión de 11 de xuño, do que se deriva, cando menos, unha grave irregularidade e que reflexa o curto prazo co que se traballa dende o bipartito provincial”.

Para o GPPP, a conclusión é que a política de  persoal practicada por  Besteiro e Bao é claramente partidista, “ás veces chega incluso a parecer familiar”.