Partido Popular de Lugo

Barcia: “dudo de que a capa de rodadura da estrada Cereixal-Louxas sexa a que se establece no proxecto”

Lugo, a 5 de agosto de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular califica de “chapuza, na amplo sentido da palabra” a reparación da estrada provincial que comunica Cereixal-Louxas (LU-P-0708), entre Becerreá e A Fonsagrada, acometida pola Deputación. Os populares suliñan que o lamentable estado que presenta o vial é un exemplo significativo das deficientes labouras de mantemento da rede viaria provincial que está a desenvolver a administración provincial dende a chegada do goberno bipartito.

Dende o GPPP e por boca do seu voceiro adxunto José María González Barcia alertan de que o estado que presenta a estrada, a poucos meses de ser arranxada, a fai xa intransitable, unhas perigosas condicións que resultan moi notorias nun tramo de un quilómetro, concretamente dende o pk 18 ó 19, na que o asfaltado está xa completamente levantado. A situación evidencia que a capa asfáltica coa que se dotou o vial no se corresponde co grosor establecido no proxecto, “posto que doutro xeito non se comprende o estado que presenta”, polo que dende o GPPP cuestionanse os motivos polos que dende a administración provincial se permite o fragante incumprimento das condicións do contrato.

Os populares pregúntanse tamén que clase de controis de calidade realiza a Deputación nas obras que adxudica, e salientan que “a suposta” mellora e renovación do afirmado desta estrada supuxo un investimento total de máis de 1,4 millóns de euros, 713.000 euros corresponden ó tramo que vai do pk 0 ó 10 e 747.000 euros, con cargo ó POS 2008, dende o pk 10 ó 19. 

Outro exemplo “claro” das deficiencias que presentan as estradas provinciais é a CP 4203 que discurre entre os concellos de O Páramo e Paradela, na que o deterioro é alarmante ó seu paso por Friolfe e Trebolle.