Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Na Zona Sur o ministro de Fomento ganouse a pulso o apelativo de Blanco, o Incumplidor”

Chantada, a 30 de xullo de 2010.- A rescisión por parte do Ministerio de Fomento dos dous tramos licitados da autovía Ourense-Lugo é un mazazo non só polo feito de que este vial ampliará o retraso que xa viña arrastrando, “e xa veremos agora ata que horizonte lonxano teremos que agardar para vela convertida en realidade”, senón polo grave perxuizo económico que para toda a comarca de Chantada conlevará a “desaparición” dos traballadores que desempeñaban a súa laboura nesta obra.

“Non falamos únicamente dos postos de traballo directo que se perderán pola cancelación dos dous tramos licitados, falamos tamén do movemento económico que a súa estadía eiquí supoñía para os establecementos da zona”, explicou o presidente do Partido Popular de Lugo hoxe en Chantada nunha comparecencia na que estivo acompañado por responsables do seu partido na circunscripción de Chantada, así como das comarcas de Lemos e Quiroga.   

Tampouco hai que esquecer, segundo indicou, “que a anulación dos contratos para estes dous tramos terán un coste importante, xa que Fomento terá que pagar ás empresas afectadas as indeminizacións que lle correspondan por danos e perxuizos segundo establece a Lei de Contratos do Estado”.

José Manuel Barreiro reiteron a idea na que está a insistir tras a “reprogramación” anunciada polo ministro de Fomento de que Blanco non só non cumple os compromisos adquiridos coa provincia de Lugo, “desdecíndose así unha vez máis de todo o que dixo”, senón que a castiga en comparanza co resto de Galicia: “a nosa provincia é a única na que se anulan contratos e eso que, segundo dicía, quería que se notara o seu paso polo ministerio. Dende logo vai ver cumprido o seu obxectivo, pero na versión máis negativa que poidera imaxinarse”.

ZONA SUR, DISCRIMINADA.- Barreiro non escatimou críticas e repasou “os incumprimentos do deputado por Lugo e ademais ministro José Blanco”: a A-76, Ponferrada-Monforte, aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución. 

“Os monfortinos aínda lembrarán as promesas que facía José Blanco antes incluso de ser ministro sobre esta estrada. É, de feito, un dos seus temas estrela en todos os actos nos que participa nesa cidade e arredores dende o 2004, cando xa dixo que as obras ían comenzar de xeito inminente”. 

En caso semellante atópase a A-72, Chantada-Monforte, que tamén tiña que estar operativa, pero para a que, a estas alturas, tampouco hai nin proxecto nin orzamento.

“Imaxino que a partir de agora será algo máis prudente cando inclúa a Zona Sur nalgún dos seus periplos pola provincia porque eiquí, máis que en ningún sitio, ganouse a pulso o apelativo de Blanco, o Incumplidor”, engadiu.

Esta falla de seriedade, “consustancial ós socialistas”, segundo apuntillou Barreiro, “debe ter unha contestación política pero tamén social”, e neste senso, avogou porque os diferentes colectivos económicos e sociais “se sumen o rexeitamento destas decisións tan perxudicias para a zona”.  

Barreiro non pasou por alto tampouco a negativa do PSOE na Deputación de reivindicar ante o Goberno de Zapatero o cumprimento de todos e cada un dos prazos comprometidos para tódalas aquelas obras dependentes de Fomento que estean en construcción na actualidade ou en fase de licitación na nosa provincia. “O compromiso dos socialistas con Lugo queda en entredito á mínima oportunidade”, apuntillou.

UNS CUMPLEN, OUTROS NON.- Os incumplimentos de Blanco contrastan, segundo o presidente do PPdeLugo cos cumprimentos de Feijoo: “prometeu o desdobramento do corredor Nadela-Sarria e está licitado; compromenteu o remate da tramo Sarria-Monforte para o 2011 e o ritmo dos traballos é notorio para calquera que pase pola estrada LU-546; comprometeuse co porto seco e está licitada a redacción do estudio informativo e impacto medioambiental para conectalo coa LU-546 e está previsto licitar o enlace coa N-120 e a LU-933 o vindeiro mes de agosto”.  

“O goberno de Feijoo e o PP cumple”, insistiu, ó tempo que lembrou, “algunhas demandas” ás que xa se lle deu resposta como o restablecemento de Chantada como cabeceira de comarca, a dotación dunha nova depuradora para Chantada e mesmo o novo centro de saúde para Carballedo.