Partido Popular de Lugo

O comité de dirección do PPdeG reuniuse en Lugo

Lugo, a 29 de xullo de 2010.- O comité de dirección do PPdeG reuninse esta tarde en Lugo. As vindeiras eleccións municipais, segundo explicou o secretario xeral dos populares galegos Alfonso Rueda, foi un dos asuntos abordados durante a xuntanza e adiantou que no mes de setembro daranse a coñecer as listas coas que concurrirá o PP en aproximadamente tres cuartas partes dos concellos galegos.

Rueda valorou de xeito positivo os resultados que está a acadar a celebración do Xacobeo e criticou a falla de apoio que esta celebración está a recibir por parte do Gobenro de Zapatero. De feito, segundo suliñou, a súa contribución redúcese a emisión dun selo de Correos.

Tamén se referiu os recortes en infraestructuras impostos polo Ministerio de Fomento que dirixe o lucense José Blanco e calificou de inexplicable que os socialistas galegos valoron negativamente o grao de adxudicación de obra pública realizado pola Xunta durante estes dezaoito meses de goberno e pola contra permanezan calados sobre os recortes do Goberno central. Salientou a este respecto que as obras adxudicadas polo Goberno galego equivalen ó 110% das que contratou o bipartito no mesmo período de tempo.