Partido Popular de Lugo

Gueimunde: «mentres Feijoo cumple, A Mariña non conta para Zapatero»

Burela, a 26 de xullo de 2010.- A senadora popular Mariña Gueimunde foi contundente durante unha rolda de prensa celebrada hoxe en Burela: “mentres Feijoo cumple coa comarca, como se demostra coas obras do corredor San Cibrao-Ferrol, A Mariña non conta para o goberno de ZP, xa que vai haber retrasos considerables na autovía do Cantábrico; non sabemos nada do corredor Barreiros-San Cibrao, que é de competencia estatal, e hai retrasos na licitación do novo edificio de Capitanía Marítima de Burela”.

Centrándose nestas dúas actuacións Gueimunde explicou que o Executivo socialista de Zapatero reducíu xa este ano en preto de 20 millóns de euros as achegas para rematar a Transcantábrica con respecto ó exercicio 2009. E sorprendentemente gran parte da redución orzmentaria  concentrouse no tramo Mondoñedo – Lindín pese a ser este o que maior dificultade de  execución das obras está a supoñer, de feito Fomento xa adiantou que sería necesario non so melloras técnicas na execución dos traballos de construción da autovía ao seu paso por estas localidades senón incluso modificar dun xeito substancial o seu trazado. 

Situación similar acontece co treito estatal do corredor (San Ciprián-Barreiros). O Ministerio do lucense Jose Blanco veu reducidos de 50 mil a uns “raquíticos” 10 mil euros a previsión de investimento para este ano, algo que, como destacan desde o PP, non chega nin para proseguir a tramitación administrativa desta obra tan importante para a vertebración dos concellos litorais da Mariña. “Nin foron capaces de resolver as alegacións dirixidas por concellos e colectivos ao futuro trazado do corredor, nin achegaron un investimento realista para que poidaramos ver en obras algo deste nova vía” e tendo en conta a comparecencia de José Blanco no Congreso, “case que podemos decir que esta obra, de momento, non se fará”.

A senadora afirma que Blanco  enganou ós lucenses e destruíu as expectativas que tiña a comarca da Mariña. Mentiu sobre a realidade da situación e con iso contribuiu a incrementar o número de parados da provincia. “hai pouco máis dun mes o Ministro afirmaba que a A-8 non se vería comprometida….que se mantería o 2011 como horizonte para su finalización… uns días despois  desdícese e anuncia un retraso mínimo dun año e un recorte de partidas económicas que superan o 60% das inicialmente previstas”.Blanco debería especificar si as partidas plurianuais se manteñen ou si pola contra se paralizan os proxectos  durante varios exercicios.

Diferente é o compromiso que Feijóo ten coa nosa terra., di Gueimunde. Tan só un ano despois de goberno popular as obras do corredor no treito celeiro- San Cibrao xa se están a executar, e o proceso de expropiación de terreos para a construcción do treito Viveiro Sur –Celeiro están a punto de comezar.

A política popular explica que a suposta prioridade do Goberno do PSOE polas infraestructuras ferroviarias na nosa comarca non deixa de ser unha excusa de mal pagador ademais dunha tomadura de pelo despois de saber que Fomento paralizou o AVE do Cantábrico, e que todavía está a “estudiar” a posibilidade de contar cun FEVE que circule a 160 Km/h  cando os mesmos técnicos dudan da viabilidade do mesmo.

Pola súa banda, o portavoz do PP burelés José María González Barcia puxo en cuarentena a construcción da nova sede de Capitanía Marítima de Burela, xestionada no seu día por el mesmo como alcalde, en 2006, e que xa acumula un retraso considerable. “Agora din que hai un novo retraso na licitación: pode ser a disculpa para aplazar a adxudicación”.

Barcia tamén lamentou que non se saiba nada do trazado do corredor Barreiros-San Cibrao ó seu paso por Burela, e asegurou que “o alcalde nada dice ó respecto: ía haber unha reunión con Blanco, ía haber reunión coa demarcación de estradas de A Coruña, e non houbo nada. Por riba, ponse nervioso se eu lle pido a Blanco que mire por Burela. Como el non o fai, teremos que facelo nosoutros a través de todas as fórmulas que se poidan empregar dentro da mesura institucional”.

Finalmente, Mariña Gueimunde e González Barcia pedíronlle a todas as forzas sociais e veciñais da Mariña que reivindiquen o cumplimento dos prazos para a Autovía do Cantábrico. En relación co corredor Barreiros-San Cibrao, acusaron ó PSOE de engañar ós cidadáns da Mariña, e ó BNG de ser cómplice da situación. “O BNG sempre decía que conseguirá, nas negociacións dos presupostos do Estado, máis cartos: pois que diga onde están”.

Por eso, os colectivos sociais e veciñais, especialmente os de Foz, Burela e Cervo, que é por onde pasa o corredor, deben demandar que se resolvan canto antes as alegacións, que se defina o trazado, e que se encargue o proxecto canto antes, porque esta vía de comunicación é fundamental para estes tres concellos.