Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Lugo é a provincia galega máis castigada por Blanco no recorte orzamentario”

Lugo, a 23 de xullo de 2010.- “José Blanco non cumple con Lugo”. Así de categórico amosouse o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro tras a comparecencia de onte no Congreso do ministro de Fomento da que se desprende a paralización da autovía A-56 Lugo-Ourense, coa anulación dos dous únicos tramos licitados (San Martiño- A Barrela Norte e San Martiño-enlace A Barrela Norte) e os retrasos que se sumarán as demoras xa acumuladas noutras infraestructuras básicas para a vertebración e o desenvolvemento da nosa provincia.

“Blanco volta a incumplir a súa palabra e xa son moitas as ocasións nas que se desdice do que prometeu” porque, segundo lembrou Barreiro, “cansouse de anunciar a bombo e platillo por eso da súa orixe lucense que os recortes que ía aplicar no seu ministerio non iba a afectar a nosa provincia. Agora xa queda claro que todo o que dixo era mentira”.

O presidente dos populares lucenses insistiu en que “Blanco vai facer pagar a Lugo a desfeita que os socialistas están a facer no Goberno do Estado” e acusouno de “ocultar con alevosía” a situación real na que se atopan todas as obras dependentes do seu ministerio.

“Imos loitar por todos os nosos medios contra esta situación, empezando por levar ó pleno da Deputación do vindeiro martes unha nova moción para esixir ó Goberno que cumpla os seus compromisos e facemos unha chamamento ó resto das forzas políticas, sociais, empresariais e sindicais, á cidadanía en xeral, a que sexan reivindicativos fronte ó agravio que está situación suporá para a nosa provincia”, explicou. 

Barreiro repasou as obras pendentes na provincia por parte do Ministerio de Fomento. 

Así, indicou que, segundo a planificación inicial, a autovía do Cantábrico tería que estar rematada hai dous anos. Ata hai uns días fixábase o seu remate para finais do 2011, pero está claro que xa será, “sendo optimistas”, para o 2012. Puntualizou o líder do PP lucense que os tramos que corresponde acometer á Xunta, “pese á crise”, estanse a construir.

O tramo estatal do corredor da Mariña, Barreiros-San Ciprián está aínda na fase de estudio informativo, mentres que o que lle corresponde á Xunta, San Ciprián-Ferrol está en execución. 

A autovía de Lugo a Santiago tiña que estar operativa este ano, pero á espera do novo reaxuste, Fomento xa a prevía para o 2013.

O execución da autovía Lugo-Ourense, tras a anulación dos dous tramos licitados, é incerta e antes deste “duro golpe”, indicou Barreiro, xa se falaba de 2014.

Peor está a situación no que atinxe a A-76, Ponferrada-Monforte, que aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución. “Os lucenses aínda lembrarán as promesas que facía José Blanco antes incluso de ser ministro sobre esta estrada e que, como case todo, quedou en nada”, apuntillou.

En semellante caso atópase a A-72, Chantada-Monforte, que tamén tiña que estar operativa, pero para a que, a estas alturas, tampouco hai nin proxecto nin orzamento.

Barreiro tamén mencionou a nova pote de Lugo que, segundo dixo, de “acabarse de verdade, poderemos circular por ela con cinco antos de retraso sobre as previsións e promesas iniciais”.

Do AVE, segundo explicou, “mellor nin falar, porque Lugo é a única capital galega que quedará sin conexión”.
 
DÚAS FORMAS DE GOBERNAR.- Tras este repaso ás infraestructuras dependentes do Ministerio de Fomento, Barreiro concluiu que “Blanco non cumple con Lugo e Núñez Feijoo, si. É así de claro e sinxelo e eso que a crise afecta a todos por igual. A realidade é que desta actitude se desprenden dos xeitos ben distintos de gobernar”.

O presidente popular mencionou, ademais do tramo autonómico do corredor da Costa, as obras do corredor Sarria-Monforte, a licitación do desdobramento do tramo Nadela Sarria, o hospital de Lugo, o polígono industrial das Gándaras, o auditorio, como “algúns exemplos” de que Núñez Feijoo, pese a levar pouco máis dun ano na Xunta, está a cumprir todos os compromisos adquiridos coa provincia de Lugo: “non hai ningunha obra da Xunta en Lugo que se vira retrasada e menos aínda  restrinxida. A diferencia é notoria”.

Barreiro tamén alertou das consecuencias que terá na tasa de paro da provincia o retraso na execución desta obras. “O noso mercado laboral está a pasar un dos peores momentos da historia e esto empeorará aínda máis esta situación”.