Partido Popular de Lugo

BALSEIRO E ÁLVAREZ CHAO SE INTERESAN POLO APOIO QUE A XUNTA DEU PARA CONTRIBUÍR A NORMALIZAR A OPERATIVIDADE DA LONXA DE BURELA

Santiago, 23 de xullo de 2010.-  Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao se interesaron a través dunha iniciativa parlamentaria polo apoio que a Xunta de Galicia desenvolve para contribuír a normalizar a operatividade da lonxa de Burela despois de que un incendio, declarado na mañá de onte, afectara a gran parte das instalacións. As lapas e o fume provocaron cuantiosos danos que están agora  a ser  obxecto de valoración en parte das naves de Armadores de Burela S.A. (ABSA), unhas das principais empresas pesqueiras galegas.

O voceiro do  Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, salientou a rápida reacción de Rosa Quintana, a titular do departamento autonómico de asuntos marítimos, quen se desprazou de urxencia ata a localidade lucense “porque quixo visitar a zona do sinistro, reunirse cos afectados, e supervisar o operativo de emerxencias disposto para controlar o incendio”, persoal e medios coordinados pola Axencia Galega de Emerxencias. Ambos deputados quixeron tamén agradecer a tarefa desenvolvida polos profesionais que participaron neste operativo de emerxencia e que xa no día de onte recibiron o apoio e agradecemento da propia Conselleira do Mar.

O voceiro do Mar dos populares galegos lembrou finalmente que o porto pesqueiro  de Burela, como outros moitos de Galicia, se atopa neste momento en plena campaña do bonito, polo que a urxencia no  restablecemento da normalidade, dentro do posible, adquire especial relevancia. “Deste xeito se evitarán prexuízos maiores aos que xa de por si implica un acontecemento destas características”. Ao mesmo tempo manifestaron a total dispoñibilidade e apoio do Grupo Parlamentario Popular “e, seguro tamén do Goberno de Galicia, que xa o ten manifestado a través de da conselleira do Mar”, á asociación e, particularmente aos exportadores de peixe, “pois as naves incendiadas estaban a ser empregadas principalmente por este colectivo”. O principal é –concluíu Balseiro- que as consecuencias deste acontecemento se superen rapidamente.