Santiago, 22 de xullo de 2010.- O Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e tamén voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol quixo amosar a súa solidariedade e total apoio á asociación de armadores e pescadores de Burela tras o sinistro acontecido esta mañá despois dun aparatoso incendio que afectou ás instalacións que esta organización ten no peirao lucense.
Balseiro que por razóns de axenda se atopa fóra da Mariña lucense contactou telefónicamente co Presidente e co Xerente de Armadores de Burela (ABSA) para facerlles partícipes da súa disposición persoal e total colaboración coa que sen dúbida é unha das principais empresas pesqueiras galegas. Durante a mañá interesouse tamén pola evolución do incendio e sobre o funcionamento do operativo desenvolto para controlar o lume e no que participaron efectivos dos Grupos de Intervención Rápida coordinados pola Axencia Galega de Emerxencias así como os medios marítimos dispostos por Portos de Galicia.
O Secretario da Mesa do Parlamento tamén comprometeuse a facer un seguimento e supervisión dos traballos de reparación que poidan ser necesarios nas instalacións incendiadas, unha vez avaliados os danos.