Burela, a 21 de xullo de 2010.- O balanzo do terceiro ano de goberno do bipartito na Deputación de Lugo, “seguendo a senda dos anos anteriores”, sáldase de xeito negativo para os intereses da comarca da Mariña. “Nin hai resultados nin se nota a man dos deputados socialistas e nacionalistas desta zona que forman parte do Goberno que presidente Gómez Besteiro”.
Así o aseguraron hoxe os deputados provincias mariñáns, que compareceron hoxe en Burela acompañados polos deputados autonómicos, alcaldes e voceiros populares.
Os populares aseguran que todas as actuacións encamiñadas a ampliar ou dotar de chan industrial ós concellos mariñáns están “paralizadas”. “Prácticamente nada se avanza nesta iniciativas pese a que xa as deixara proxectadas o anterior goberno provincial, o único que parece que vai arrancando é o de Trabada”.
A Deputación de Lugo adolece dunha total falla de implicación e apoio ó sector pesqueiro. Así, as axudas que a administración provincial adica ó sector non chega ós 30.000 euros, pese, segundo salientaron os representantes populares, os difíciles momentos polos que está a pasar. “Gómez Besteiro, tan preocupado sempre por mirar o que fan outras deputacións, debería tomar nota dos programas de axuda que teñen en marcha os seus compañeiros de A Coruña e Pontevedra”, indicaron.
O estado da rede viaria provincial é, segundo recalcaron, lamentable. “A ausencia de mantemento do que son obxectos a estradas de competencia provincial converten en misión imposible vertebrar a comarca no ámbito interno e en máis imposible aínda coa resto da provincia”.
A falla de respeto institucional constitúen otro dos argumentos de crítica empregados polos representantes populares. Os casos son, segundo suliñaron, abundantes. O último aconteceu recentemente en Cervo cando José Ramón Gómez Besteiro visitou as obras na estrada Vilaestrofe a Rúa sen comunicarllo ós responsables municipais. Unha situación “irregular” que se ve agravada polo feito de que a actuación mencionada foi adxudicada xa polo anterior goberno provincial.
“Non só incumplen os mínimos requisitos protocolarios e de cortesía entre institucións senón que ademais fano nunha obra que debería estar xa remantada hai varios anos”, explicaron. Un proceder que, segundo se temen os representantes populares, podería repetirse o vindeiro venres cando vaia a visitar a praia das Catearais, un proxecto que tamén vén da etapa anterior e que, ademais, contrariamente ó que predican os actuais dirixentes provinciais, iniciouse antes de pechar os expedientes de expropiación precisos para a realización dos traballos.
O “considerable” retraso no abono das subvencións concedidas tanto ós concellos como a colectivos diversos foi outro dos aspectos negativos sobre os que incidiron os populares durante o balanzo do último ano do goberno provincial.
Tamén calificaron de “rácana” a cantidade destinada ós concellos da Mariña no plan extraordinario de obras. Só beneficia a dous concellos (Foz e Riotorto) e supón o 11,7 por cento do orzamento total, que ascende a algo máis de 12,2 millóns de euros.