Lugo, a 10 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Lugo lamenta que os socialistas se amosen permanentemente enfurruñados polos avances que está a experimentar a sanidade pública lucense, tanto no que atinxe á prestación de servicios como a dotación de instalacións e equipamiento hospitalario. Para os populares, as criticas permanentes e infundadas, como mesmamente quedou de manifesto onte co mobiliario clínico do que disporá o hospital Lucus Augusti, poñen en entredito o seu criterio técnico e sobre todo a súa laboura como oposición.
A súa incesante búsqueda de calquer tipo de excusa, ainda que non se sustente sobre ningunha base obxectiva como aconteceu, por facer mención ó caso máis recente, co xa aludido caso do mobiliario do novo hospital de Lugo (no que unha vez máis púxose de manifesto a eficiencia e a optimización do gasto practicada pola Xunta), para sementar a dúbida e a incertidume entre a cidadanía, en aras de arañar algún rédito político, acabará pasándolles factura.
Os populares consideran que o discurso dos socialistas soa xa a estas alturas algo raiado. Entre outras cousas pola súa incongruencia, dado que por moito que agora aparenten estar activos e preocupados por garantir a prestación dun servicio público de calidade, a realidade demostra que cando tiñan responsabilidades de goberno non se afanaron demasiado en cumplir ese obxectivo. Clara mostra é, de feito, o novo hospital de Lugo, un edificio que deixaron valeiro. Unha situación que, segundo suliñan, a actual Xunta, con gran dilixencia, está a correxir co fin de que despois do verán a provincia de Lugo conte cun hospital de primera categoría e de referencia en todo o Estado, algo que, á vista do seu proceder, parace molestar sobremaneira ós responsables socialistas na provincia de Lugo.
Para o PP de Lugo o resumo é que o PSOE non fixo os deberes cando debían e agora tentan superar o remordemento abandeirando movilizacións e críticas absurdas. Reiteran que o compromiso con Lugo e coa sanidade pública de Lugo está fora de toda dúbida e os feitos así o refrendan.