Partido Popular de Lugo

O GPPP reitera que hai concellos do PP que xa teñen en marcha a administración electrónica

Lugo, a 10 de xullo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular reiterou hoxe que hai concellos con alcaldes do Partido Popular que xa teñen en marcha a administración electrónica como se desprende das declaracións feitas polo voceiro  socialista, e que esto “escócelle ó PSOE, porque non pode monopolizar a nivel de provincia o desenvolvemento desta ferramenta de traballo que a Deputación debería ter implantada o un de xaneiro do presente ano”.

O voceiro adxunto dos populares afirma que hai concellos socialistas que teñen optado polo Plan E para financiar a implantación da administración electrónica, en canto á instalación de programas e servidores se refire, como é o caso de Burela e A Fonsagrada, dado que a Deputación está a ter un considerable retraso neste campo, xa que ata dentro de alomenos un ano non o terá rematado. Por eso houbo concellos que se adiantaron e xa teñen os deberes feitos, algo que molesta ós socialistas, recalca.

Ademais, Barcia destacou que os alcaldes populares teñen plena libertade para adoptar as decisións que mellor poida defender os intereses dos veciños, en base a criterios de eficacia na xestión e austeridade no gasto, algo que non acontece no seo do PSOE, e moito menos dentro da Deputación, que non se caracteriza precisamente nin por unha cousa nin pola outra.

De feito, González Barcia considera  “excesivo e dubidoso o presuposto destinado a este proxecto, que tivo bastantes irregularidades no seu procecedemento de licitación e adxudicación, do que se esquece deliberadamente o bipartito provincial“. 

O voceiro adxunto dos populares recoméndalle ó voceiro socialista Antonio Gato que non perda tempo en atacar ós alcaldes porque a impresión que dá é que lle serve calquer argumento para tentar arañar un minuto de gloria á semana, que nos plenos da corporación provincial lle roba, de cando en vez, o seu compañero Besteiro, chegando incluso a desautorizalo nalgunha votación”.