Lugo, a 8 de xullo de 2010.- O presidente provincial do Partido Popular criticou que o alcalde de Lugo se convirta no cómplice necesario do ministro de Fomento para eludir o cumplimento das súas promesas no que respecta á construcción da estación intermodal e no que específicamente atinxe á consignación orzamentaria necesaria para elo.
José Manuel Barreiro resumiu a proposta de López Orozco de recalificar os terreos que actualmente ocupa a estación de autobuses para logo adicar os cartos resultantes da súa venda á urbanización da futura estación intermodal dicindo que “é un negocio rendondo para o Ministerio de Fomento, pero moi malo para Lugo. Blanco invita pero, á hora da verdade, e coa inestimable colaboración de Orozco, quen pretende que pague son os veciños e veciñas de Lugo”. Insistiu, en calquera caso, que o primeiro que hai que garantir é a chegada do AVE a Lugo, prevista, en principio, para o 2020.
O líder dos populares lucenses lamentou que o alcalde lucense “se preste a este xogo, que claramente é contrario ós intereses dos lucense, co fin de buscar un nada desdeñable aforro para Fomento”.
Barreiro reiterou que o PP non vai a respaldar semellante treta e preguntouse, en función das pretensión desveladas polo rexidor lucense, qué beneficio vai a recibir Lugo do Ministerio de Fomento. “Fomento está a asumir en todas as cidades a construcción das novas estacións do AVE pero en Lugo, precisamente en Lugo, quere que os gastos vaian a medias. Non nos parece razonable e menos aínda xusto”, aseverou, ó tempo que criticou que Orozco teña, “segundo máis lle conveña”, distintas varas de medir, en clara alusión as súas “infundadas queixas” polo traslado do centro de especialidades ó novo hospital.
Barreiro amosouse partidario de “planificar” pero, segundo recalcou, “con cabeza”: primeiro a chegada do AVE e despois estación intermodal porque, das declaracións feitas no seu día por José Blanco hai cousas que non cuadran, dicía daquela que estábase xa a redactar o proxecto e varios meses máis tarde resulta que o que se está a facer é un estudio. “As cousas non cuadran”, apuntillou.
O tamén senador popular anunciou que presentará na Cámara Alta as pertinentes iniciativas para instar ó Ministerio de Fomento a que cumpla os seus compromisos, tanto no que atinxe á chegada do AVE á cidade como á construcción da estación intermodal, encamiñadas tamén a evitar que Lugo sexa discriminada con respecto a outras cidades.
Interesarase asimesmo polos prazos de construcción da autovía Lugo-Santiago para constatar se é certo, como así aseguraba o alcalde de Santiago Sánchez Bugallo, que as obras van sufrir retraso na súa execución.