Lugo, a 7 de xullo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular faille notar á vicepresidenta segunda da Deputación Lara Méndez que os concellos, e por conseguinte os alcaldes como os seus máximos representantes, teñen autonomía e polo tanto son libres para decidir, en función do que consideren mellor para o interese do municipio e dos seus veciños, a que iniciativas se suman e a cales non.
José María González Barcia, voceiro adxunto dos populares na administración provincial, recoméndalle así a Méndez que non interfiera neste principio de autonomía, ó tempo que lle puntualiza que no caso concreto das certificacións de calidade para as praias da Mariña non se aclarou aínda quen correrá cos gastos de renovación das ISO concedidas, se a Deputación ou os propios concellos. Suliña Barcia que éste é un aspecto crucial que, polo momento, non está aclarado. Destaca, en contraposición á iniciativa promovida pola Deputación, que outros distintivos que poñen de manifesto a calidade dos areais e de indudable prestixio, como é o caso das bandeiras azuis, non conlevan ningún gasto engadido para as economías locais.
O GPPP tamén adianta que solicitará á Deputación o expediente correspondente a este asunto para coñecer o procedemento seguido e constatar se todos os areais analizados cumplen realmente as condicións para contar coa ISO 14001.