Lugo, a 5 de xullo de 2010.- O servicio de autopsias restableceuse no hospital comarcal de Monforte, ó igual que no de Burela. Así de taxantes amosáronse os deputados populares José Manuel Balseiro e Dámaso López en resposta as críticas realizadas neste senso pola plataforma sanitaria de Monforte.
Insisten os representantes do PP que a Xunta cumpliu co prometido e que procedeu á contratación do persoal preciso para a prestación deste servicio nos dous hospitais comarcais lucenses que, segundo recalcan, neste intre están totalmente operativos.
Recoñecen que houbo un pequeno retraso na consecución deste obxectivo por mor das dificultades para cubrir o posto de axudante do forense, pero recalcan que ese problema está xa solventado. Lamentan igualmente que a plataforma bote man de desgraciados acontecementos para continuar coa súa infundada campaña de descrédito sobre a operativididade do hospital monfortino e puntualizan que a pasada semana contabilizáronse no mesmo día catro decesos que requerían autopsia (dous en Lugo, un na costa e outro en Monforte) e que en aras de axilizar o máis posible ese doloroso trámite propúxoselle á familia do falecido en Monforte a seu traslado a Lugo.
Balseiro e López reiteran que a Xunta correxiu a desfeita realizada polo bipartito neste asunto que, en abril de 2006, decidiu centralizar a práctica das autopsias nas instalacións que o Instituto Galego de Medicina Legal (IMELGA) posúe na capital provincial.
Os deputados populares advirten á plataforma que terán que respoder ante a cidadanía de Monforte e comarca sobre as mentiras que están a contar sobre este asunto e que están a xerar incertidume entre os veciños. Lembran Balseiro e López que os feitos xa os desdixeron sobre todas as falsedades que proclamaron sobre a área sanitaria e vaticinan que o mesmo acontecerá coas autopsias.