Partido Popular de Lugo

O PP recoñece a súa extrañeza porque o PSOE se amose molesto coa visita de Feijóo ó novo hospital de Lugo

Lugo, a 29 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo manifesta a súa sorpresa pola actitude do Partido Socialista ante a visita do presidente da Xunta hoxe o novo hospital Lucus Augusti e considera desconcertante e insólito que os socialistas se amosen molestos polo avance dun proxecto que suporá un gran avance para Lugo.

Este centro hospitalario que, segundo salientan, será un referente en Galicia e o no resto do Estado, farase realidade gracias a aposta decidida pola sanidade publica da Xunta e do PP que, segundo suliñan, foi o que promoveu a súa construcción e será tamen o que o poña en marcha, tras dotalo do equipamento pertinente e necesario para elo, dado que o anterior goberno bipartito non deixou consignado nin un so euro para este fin.

O PP de Lugo tamen recoñece a súa extrañeza porque en tempos de grave crise económica como a que estamos a vivir o PSOE teña cartos para financiar anuncios nos que recrimina, a base de mentiras, actuacións da Xunta.

Reiteran a este respecto os populares que o hospital de Lugo rematarase con retraso porque o PSOE e o BNG durante o seu paso pola Xunta non foron capaces de deixar consignado os cartos necesarios para elo, algo que o PP, pese os recortes orzamentarios que impón o momento, correxiu.

Sobre o centro de especialidades, lembran dende o PP que, ata non hai moito, todos, incluídos os socialistas, estaban de acordo no seu trasladado ó novo hospital. Negan ademais que esto vaia a supoñer un desmantelamento do centro, posto que todas as especialidades dependentes de atención primaria ubicaranse nel, potenciándose e incrementándose incluso en numero.

Sorprende tamén ós populares que o PSOE pida á Xunta explicacións sobre o desemprego existente na provincia e non aluda, nin sequera sutilmente, os seus compañeiros do Goberno central e nomeadamente o seu líder Jose Luis Rodriguez Zapatero, que colocou a España como o país da UE campeón na destrucción de postos de traballo.

Os populares negan asimesmo as acusacións socialistas sobre o peche dos comedores escolares, o reparto de ordenadores e a gratuidade dos libros de texto. As familias con recursos reducidos, puntualizan, seguen a ter o respaldo da administración autonómica a estos efectos e é lóxico que aquelas con mellor poder adquisitivo asuman ese gasto.

No que atinxe á VAC Ferrol-San Cibrao dende o PP entenden a critica coma unha hipocresia maiúscula e poñen de manifesto que durante o goberno bipartito da Xunta nin socialistas nin nacionalistas foron capaces de investir nin un só euro do que consignaron nos seus orzamentos para tal fin. Foron, por tanto, catro anos en branco. Pola contra, o PP, recén chegado ó goberno autonómico, adxudicou o primeiro tramo deste vial na provincia de Lugo, San Ciprian-Celeiro, ó que se destinan 33 millóns de euros e que neste intre esta xa en obras.  

Engaden que o proxecto para o desdobramento da VAC Sarria-Monforte está xa licitado e que as previsións son que antes de finais de este ano esté redactado e as obras podan iniciarse no vindeiro.

Dende o PP, no que respecta ó Plan Impulsa, indican que a iniciativa está encamiñada a permitir unha discriminación positiva para esta provincia respaldando iniciativas empresariais que xeren emprego.

Lugo, ademais, está moi presente na programación do Xacobeo. De aqui a final de ano hai programadas, de feito, máis de 60 actuacións, ás que se irán engadindo outras tan pronto como se vaian pechando, porque tampouco en este asunto, puntualizan dende o PP, foi  moi previsora a Xunta bipartita. 

En conclusión, na opinión do PP de Lugo os socialistas no seu “anuncio de benvida” ó presidente Feijóo son fieles a si mesmo: non dicir nunca a verdade e botarlle a outros a culpa do erro propio.