Lugo, a 29 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo presentou hoxe ante o xulgado de Instrucción número 3 de Lugo a súa petición para persoarse na causa que ten aberta sobre as presuntas irregularidades detectadas no concello de Castro de Rei.
Deste xeito, o Partido Popular formaliza a actuación anunciada onte polo seu máximo responsable provincial José Manuel Barreiro, que circunscribiu a decisión adoptada á negativa do presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro a comparecer ante o pleno da corporación provincial para dar conta das graves acusacións que, tras o levantamento do segredo do sumario, publicaron varios medios de comunicación. Unhas acusacións que afectan directamente a destacados membros do seu equipo de goberno, imputados na causa, e nas que se cuestiona incluso o procedemento seguido pola administración provincial na adxudicación de obras.