Partido Popular de Lugo

O PP persoarase na causa aberta polo xulgado no concello de Castro de Rei

Lugo, a 28 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo persoarase na causa aberta no concello de Castro de Rei polo Xulgado de Instruccion numero 3 de Lugo. Así o confirmou hoxe nunha rolda de prensa o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro.

Barreiro circunscribiu esta decisión, cuxa posibilidade xa se apuntara hai uns días, á negativa do presidente da Deputación a comparecer no pleno que celebrará mañá a corporación provincial para dar explicacións sobre esta situación como lle solicitara o grupo provincial popular. O líder do PP lucense insistiu na necesidade, dada non só a imputación de dous destacados membros do seu goberno, coma son a vicepresidenta segunda Lara Méndez e o deputado e delegado de Vías e Obras Juan José Díaz Valiño, senón ó cuestionamento público do que está a ser obxecto a propia Deputación polas presuntas irregularidades que trascenderon tras o levantamento do segredo do sumario, de que o máximo responsable da institución provincial explique o que está a pasar.

O presidente dos populares lucenses reiterou que non existe ningún impedimento legal para que Besteiro poida comparecer, “se realmente tivera vontade política de facelo”, e acusouno por elo de “non estar á altura das circunstancias ó non asumir a responsabilidade que lle corresponde coma presidente dunha institución cuxo prestixio e actuación estáb en entredito”.

“Antepoñendo sempre a presunción de inocencia de todos os imputados e o respeto á actuación xudicial, consideramos convinte, ante a gravidade dos feitos que sairon a relucir nos medios de comunicación tras o levantamento do segredo do sumario e dado que agotamos todas as vías para instar ó presidente Besteiro a que dera as pertinentes explicacións políticas, que o PP se persoase na causa en aras dunha maior transparencia e para, entre outras razóns, ter acceso directo á información incluída neste proceso xudicial e coñecer así, veraz e exactamente, o que se lle imputa ós cargos políticos investigados”, explicou Barreiro.

CORTE DE VOZ. SECCIÓN MULTIMEDIA SONS