A Mariña, 28 de xuño de 2010.- O Partido Popular da Mariña vén de salientar que menos do 1% da poboación de referencia do Hospital da Costa secundou a manifestación convocada o pasado sábado pola plataforma sanitaria. A reducida participación no acto de protesta que tivo lugar en Burela, tendo en conta o despregue de medios sen precedentes empregado polos convocantes (autobuses gratuítos, megafonía, pancartas, folletos, pegatinas, chamamentos de colectivos afíns, … etc) vén a poñer de relevo que os veciños da Mariña non se deixaron enganar coas mentiras sobre o futuro da sanidade na comarca que protagonizadas pola plataforma e polos partidos políticos que a secundaron. “Non se pode convocar unha manifestación con mentiras, e alí estivo a causa do fracaso dos manifestantes” – conclúen os populares.
Segundo o Partido Popular significa os manifestantes non lograron encher a praza da Mariña, sita no centro da vila de Burela. Este espazo atestado de xente albergaría unhas 2.700 persoas (calculando 3 persoas por cada metro cadrado dos 900 que ten a praza). O número total estaría no entorno das 1.500 persoas, moitas menos aínda da nosa propia comarca, se temos en conta que, segundo explican desde o PP, máis da metade deles eran de fóra da Mariña, chegados en autobuses que a plataforma habilitou de balde desde Monforte, O Barco ou Vigo.
Tamén supuxo un fracaso de mobilización “moi particular” para PSOE e BNG que, salvo os seus correlixionarios máis habituais, non lograron convencer nin a súa propia militancia, polo que tiveron que acudir tamén a xente chegada desde as agrupacións de socialistas e nacionalistas de fóra da Mariña. Os mariñáns deron mostras de estar cansos da manipulación política que da sanidade pretenden facer desde as dúas formacións políticas do malogrado bipartito.