Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa á Deputación de duplicar os gastos diversos con respecto ó orzamento de 2009

Lugo, a 27 de xuño de 2010.- A Deputación de Lugo continúa a súa política de despilfarro e, pese a crise económica que estamos a vivir e que obriga a todas as administracións a impoñer a contención no gasto, os seus responsables optan por incrementar o orzamento adicado a protocolo e publicidade.

O Grupo provincial do Partido Popular esgrime datos para argumentar a súa critica. Se no orzamento de 2009 contemplábanse 2.088.930 euros para gastos diversos, o de 2010 case duplica esta partida ó adicar a este fin 5.428.293 euros.

Para os populares esta práctica non esta a altura das circunstancias e acusan os responsables da Deputación de estar máis preocupados por fortalecer a súa imaxe que en solucionar os problemas da cidadanía e de poñer en marcha accións que contribúan a mellorar a situación económica fomentando e apoiando ós sectores productivos.

Un exemplo claro de culto a imaxe do presidente José Ramón Gómez Besteiro e o despisfarro dos fondos públicos que adican a este fin, que non e un feito puntual senón a practica habitual, foi a reunión mantida hai un días nas instalacións do Museo do Mar á que o dirixente socialista acudiu acompañado dun sequito integrado por sete persoas e tres vehículos. Se este e o despliegue do que fai ostentación o presidente Besteiro para unha mera reunión de traballo, os populares pregúntanse cómo será cando acuda a encontros de maior entidade e importancia institucional.

Dende o GPPP avogan pola contención do gasto en actividades que non conlevan ningún beneficio productivo e a adicación dos cartos que se aforren na aplicación destas medidas de aforro a promover actividades que incentiven ós novos emprendedores ou ás iniciativas empresariais en marcha, que, sen ningunha dúbida, redundaran nun maior beneficio para a provincia e para os seus habitantes.