Partido Popular de Lugo

A resposta da Xunta as inundacions da Mariña foi rapida e eficaz, algo que lamentablemente non se pode dicir do goberno do Estado, aseguran dende o PP

Lugo, a 26 de xuño de 2010.- O Partido Popular califica de desafortunadas as criticas realizadas polo secretario dos socialistas en Lugo Ricardo Varela sobre a resposta da Xunta os danos causados polas inundacións na comarca da Mariña e mais desafortunado ainda que tente botar fume sobre a sua implicación directa na denominada trama agraria ou a propia investigación xudicial aberta en Castro de Rei,  no que o seu nome sae tamen a relucir, aludindo a unha irreal mala relacion entre o presidente da Xunta e o presidete do PP en Lugo.

Para o PP, Ricardo Varela desacreditase a si mesmo facendo criticas absurdas e faltas de peso e consideran que eralle mellor, dado que permaneceu desaparecido e moi silencioso en asuntos de gravidade e de gran transcendencia para el mesmo e o seu partido e sobre as que, dada a sua responsabilidade e implicación, deberia ter dado as pertienentes explicacions, que continuara no seu retiro e evitara enredar en cuestions que non se sostentan.

Para malas relacions, apuntan os populares, as existentes entre o ex presidente Emilio Perez Touriño e o seu sucesor Manuel Vazquez e que xa trascendeu o ambito privado para converterse en publica e notoria. Touriño non so rexeita a oposición que esta a promover Vazquez senon que se laia de que lle negaran a oportunidade de despedirse da militancia socialista e dos propios organos de direccion do partido. 

RESPOSTA RAPIDA E EFICAZ.- No que atinxe as criticas contra Xunta polas inundacións da Mariña, dende o PP aseguran que actuouse con rapidez e eficacia e proba delo e que hai xa aprobado un decreto de axudas urxentes por importe de preto de cinco millóns de euros.

Resaltan que xa na noite do día 9 de maio existía un operativo despregado na Mariña en apoio dos servizos de emerxencia dos concellos, coordinado pola delegada provincial da Xunta en Lugo, o director xeral de Emerxencias e Interior e outros responsables da administración autonómica. Un  operativo que un dia despois pasou a dirixir o propio conselleiro de Presidencia, unha visita á que seguiron, nos días posteriores, as dos titulares de Medio Ambiente e Mar e do propio presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo.

Unha resposta axeitada e inmediata que, segundo o PP lucense, contrasta coa do goberno do Estado, na que a titular do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño Elena Espinosa, ademais de chegar unha semana despois a zona e protagonizar un feito lamentable coa ocupación do helipuerto do hospital da Costa, non foi quen de cuantificar a axuda que se ia destinar a paliar os danos causados polo temporal e o no ultimo consello de ministros so se iniciou o proceso de avaliacion das axudas a conceder.

Ademais a Xunta, segundo puntualizan, xa acometeu obras urxentes de reparacion en infraestructuras hidraulicas e leitos fluvias mentres que o Goberno central ainda non actuou en moitas das praias afectadas pese a ser da sua competencia e inciarse a temporada de veran.

Critican asimemo a negativa da administración provincial e nacional a secundar a proposta feita pola Xunta de coordinar os traballos de reparacion dos desperfectos coa creación dunha comision na que estiveran presentes as tres administración implicadas, o que, o seu entender, denota que para os socialistas pesa máis o interese partidista que a resolución dos problemas ós que se enfrontan os concellos e, por conseguinte, os seus veciños. Unha colaboración que, segundo suliñan, faise mais necesaria nun momento no que a crise económica obriga a restrinxir o máis posible o gasto, incluso en casos imprevistos como este que, pola gravidade das súas consecuencias, require unha resposta e unha intervención inmediata por parte de todas as institucións implicadas. 

HOSPITAL DE REFERENCIA.- No que atinxe o novo hospital de Lugo, indican que, por moito que lles pese os socialistas, foi un goberno do PP o que artellou a sua construccion e sera tamen un goberno popular o que o poña en marcha, convertindoo nun referente da sanidade publica non so en Galicia senon en todo o Estado, cun equipamento de vanguardia a pesares de que o anterior goberno bipartito non deixara consignacion orzamentaria para elo.

Insisten dende o PP que, a diferencia do PSOE, o Partido Popular esta comprometido coa provincia de Lugo e os seus veciños e asi se demostra dia a dia coa xestion impulsada dende a Xunta polo  presidente Nuñez Feijoo.