Partido Popular de Lugo

Besteiro négase a dar explicacións sobre a situación na que se atopa a Deputación de Lugo, segundo o GPPP

Lugo, a 25 de xuño de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular lamenta a falla de vontade política do presidente da Deputación de Lugo de dar explicacións sobre a causa xudicial aberta contra dous membros do seu equipo de goberno.

Os populares entenden que non hai ningunha razón obxectiva que impida a José Ramón Gómez Besteiro comparecer no vindeiro pleno da institución provincial e ofrecer á cidadanía as pertinentes aclaracións sobre os graves delitos que se lle imputan á vicepresidenta segunda Lara Méndez e o deputado provincial e responsable de Vía e Obras Juan José Díaz Valiño a raíz da investigación aberta polo xulgado de Instruccion numero 3 de Lugo.

Ampararse en que no reglamento de organización e funcionamento das corporacións locales non se contempla a comparecencia do presidente da administración provincial, que, segundo salientan os populares, tampouco impide tal posibilidade, é escudarse nunha triquiñuela para non dar a cara sobre un asunto que pon en tea de xuizo non só a honradez de destacados membros do seu goberno, aínda que neste caso, segundo matizan, debe prevalecer a presunción de inocencia, senón tamén a imaxe e o prestixio da institución.

Dende o GPPP insisten en que o que realmente denota a negativa de Besteiro a comparecer é que non é capaz de asumir a súa responsabilidade como presidente da Deputación e advirten que o seu silencio pon en cuestión, unha vez máis, a súa xa moi deteriorada credibilidade política, máxime cando algunhas informacións periodísticas publicadas a este respecto fanse eco de conversacións telefónicas nas que se alude directamente a súa persona.