Partido Popular de Lugo

O PSOE DEMOSTRA A SÚA FALTA DE TALANTE E A SÚA MORRIÑA DO BIPARTITO AO REXEITAR UNHA EMENDA DO GRUPO POPULAR E TRANSACCIONAR CO BNG DEMANDAS MOI SIMILARES

Santiago, 17 de xuño de 2010.- O Grupo Parlamentario do PSOE demostrou hoxe, na sesión da Comisión de Asuntos Europeos, a súa falta de talante e a súa morriña do Bipartito ao rexeitar unha emenda do Grupo Popular e transaccionar en cambio co BNG demandas moi similares ás plantexadas polos populares. Na citada comisión, os socialistas negáronlle aos populares a posibilidade de negociar unha iniciativa de defensa do sector lácteo ante a UE rexistrada hai máis dun ano e que decidiron debater xusto cando remata a Presidencia española.

A voceira de Medio  Rural do Grupo Popular, Isabel García Pacín, lamenta “a absoluta demostración de falta de talante e de vocación de diálogo” exercida polos socialistas, que “non nos convidaron a negociar a nosa emenda”, mentres si accederon a transaccionar co BNG. Transacción, cuxo resultado “foi, curiosamente, a inclusión de demandas moi similares ás que plantexaba o noso Grupo relativas ao recoñecemento da negociación colectiva, mediante agrupacións e cooperativas, dos productores fronte á industria e á instauración de normativas lexislativas que establezan as relacións contractuais, os contratos homologados formais, entre os produtores e a industria.

Malia non ser convidado na trasacción das emendas á iniciativa socialista, o Grupo Popular congratúlase por ver recollido o sentido da súa no texto final da proposición non de lei, que foi aprobado por unanimidade a pesar do discurso “demagóxico e despreciativo” do PSdeG. García Pacín salienta que o seu Grupo demostrou, co apoio á iniciativa, manter “a man tendida para lograr unha postura común desde Galicia” na demanda ao Estado da defensa dos intereses do sector lácteo galego, “estratéxico para a nosa economía e que atravesa por dificultades que deben ser subsanadas a curto prazo para consolidar o seu peso dentro do Estado e a súa defensa na Unión Europea”.