Lugo, a 17 de xuño de 2010.- Os senadores e deputados nacionais e autonómicos do Partido Popular mantiveron hoxe unha das súas periódicas xuntanzas de traballo para valorar temas de actualidade, o traballo desenvolvido nas respectivas cámaras de representantes e as actuacións a levar a cabo nas vindeiras semanas.
Un dos asuntos analizados polo miudo foi a incidencia das inundacións na comarca da Mariña da pasada semana. Os representantes populares valoraron moi positivamente as medidas adoptadas hoxe polo Consello da Xunta e anundicadas onte polo presidente da Xunta polas que se adica unha partida de preto de cinco millóns para a recuperación das infraestructuras de ámbito autonómico que resultaron danadas, así como varias liñas de axuda para compensar as perdas en vivendas, cultivos e establecementos industriais e comerciais.
Os populares consideran axeitada a resposta da Xunta e loan a implicación dos integrantes do Goberno galego no seguemento dos efectos das riadas dende o primeiro momento. Así, valoran o traballo e preocupación da Delegada Territorial e as visitas realizadas polos conselleiros de Presidencia e Medio Ambiente e Infraestructuras para interesarse in situ polos problemas xurdidos e incluso do propio Presidente da Xunta, que acudiu a zona para anunciar as medidas que se ían acometer de xeito inmediato para paliar os efectos das riadas.
Igualmente calificaron de positiva e axeitada a proposta formulada por Núñez Feijoo para que todas as administracións, provincial, autonómica e nacional, se coordinen nas tarefas que haberá que acometer para restablecer as infraestructuras e os servicios das zonas afectadas. Neste senso o Partido Popular anunciou a súa intención de presentar iniciativas neste senso na administración provincial e nos concellos afectados.
GOBERNO CENTRAL.- Os representantes populares cuestionaron sin embargo o proceder do Goberno central, suliñando que ata hoxe ningún membro do seu gabinete se achegara ata a zona para, cando menos, solidarizarse cos veciños afectados.
Fixeron especial mención ó deputado por Lugo e titular de Fomento José Blanco que pese a prodigarse moito últimamente pola nosa provincia non atopara tempo para desprazarse á zona pese a que os efectos das riadas afectaron directamente a espacios e infraestructuras de competencia do seu ministerio, como a línea de FEVE e as praias ou mesmo para analizar a influencia negativa que poidera terse derivado das obras da A-8. Suliñan a este respecto que, dado o seu proceder, parece que Blanco está máis preocupado pola súa participación en festas, homenaxes e actos de partido (a fin de semana, de feito, participou nun en Santiago) que en acudir a solventar os problemas dos seus veciños.
Precisamente para interesarse polo operativo despregado polo Goberno e polas actuacións que levará a cabo os populares presentaron xa iniciativas no Congreso, ás que poderían sumarse outras no Senado.
DEPUTACIÓN.- Tamén se referiron ás actuacións anunciadas pola Deputación e aínda que suliñaron que, dadas as circunstancias, toda a axuda é ben recibida, puntualizan que agardan que este apoio se concrete de mellor xeito que cando a comarca se viu golpeada polo Klaus.
Lembran neste senso que daquela non se adicaron cartos adicionais para paliar os desperfectos senón que se limitaron a subvencións xenéricas xa previstas pola área de cultura e deportes. Engaden que só 300.000 euros da partida que a Deputación anunciou que adicará a este menester irán a parar os municipios afectados.
Lamentan asimesmo as declaracións efectuadas pola vicepresidenta segunda Lara Méndez nas que rexeitaba apoiar dende a Deputación a colaboración entre administracións plantexada por Núñez Feijoo.