Partido Popular de Lugo

O Partido Popular estuda persoarse na causa xudicial aberta no concello de Castro de Rei

Lugo, a 17 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo, ante a gravidade dos feitos que están a transcender a través dos medios de comunición a raiz do levantamento do segredo de sumario no proceso xudicial que se esta a desenvolver no concello de Castro de Rei, e debido a que nin o presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro nin o secretario xeral dos socialistas lucenses Ricardo Varela deron as pertinentes explicacións, está a estudar cos seus servicios xurídicos a posibilidade de persoarse na causa aberta polo Xulgado de Instruccion numero 3 de Lugo.

O Partido Popular, unha vez máis, nega as afirmacións feitas por un técnico da Deputación imputado neste proceso e reitera a súa vontade de colaborar coa xustiza para calquer aclaración que estime oportuna co ánimo de esclarecer canto antes este asunto.