Partido Popular de Lugo

NOVAS XERACIÓNS DE BURELA ORGANIZA UN FORO DE DEBATE SOBRE POLÍTICA PESQUEIRA

Burela, 16 de xuño de 2010.- Novas Xeracións de Burela organiza un foro de debate sobre a pesca que terá lugar o vindeiro sábado, día dezanove, a partires das 10:45 da mañán no Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca de Burela. Este foro, destinado ó conxunto do sector pesqueiro de Burela e da Mariña, contará con tres ponentes pertencentes ó Partido Popular e rematará cun coloquio.

Andrea Gil Santos, presidenta de Novas Xeracións de Burela, e Daniel Vega Pérez, presidente provincial da organización xuvenil do PP, presentaron hoxe en Burela, xunto con outros membros de Novas Xeracións, o programa do I Foro de Debate sobre política pesqueira. Os dous dirixentes xuvenís destacaron “a importancia da pesca na economía burelesa en particular e mariñana en xeral, polo que consideramos importante achegar ó sector as actuacións políticas que desde a perspectiva da nosa organización se están a producir na actualidade, e así mesmo trasladarlle os aspectos fundamentais que se atisban no futuro da política pesqueira”.

Tanto Andrea Gil coma Daniel Vega destacaron “a complexidade do mundo da pesca, na que conflúen tres administracións con competencias, a autonómica, a estatal, e a comunitaria. E mesmo dentro da comunitaria, distintas normativas según o país que lexisle, o que fai que ás veces o sector se atope con agravios comparativos e mesmo con aspectos que deberían estar regulamentados a nivel comunitario e non o están”.

Os dirixentes xuvenís animaron ó sector pesqueiro de Burela e da Mariña a participar neste I Foro de Debate sobre política pesqueira, e indicaron que “esta é unha actividade das máis importantes que leva realizado a nova dirección provincial de NNXX, que demostra a nosa sensibilidade coa realidade que vivimos, e a nosa inquedanza por acadar liñas de actuación que axuden a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e de achegar NNXX e o PP ó conxunto da cidadanía”.

Programa:

I FORO  DE DEBATE SOBRE POLÍTICA PESQUEIRA

Sábado, día 19 de xuño de 2010
Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca de Burela

10:45.- Recepción de asistentes e benvida, a cargo de Dna. Andrea Gil Santos, Presidenta da Xunta Xestora de Novas Xeracións de Burela.

10:50.- Inauguración do Foro de Debate a cargo do Presidente Provincial de Novas Xeracións, D. Daniel Vega Pérez.
11:00.- “As propostas en materia de pesca do Partido Popular. Unha aposta polo futuro e pola potenciación do sector pesqueiro”. Sr. D. José Manuel Balseiro Orol, portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Popular e Secretario da Mesa do Parlamento Galego.
11:20.- “Política pesqueira do Goberno Central. Repercusións prácticas na Política Pesqueira Común da Unión Europea”. Sr. D. Joaquín García Díez, portavoz do Pesca do Grupo Popular no Congreso dos Deputados.
11:40.- “Actuacións da Xunta de Galicia en materia pesqueira. Liñas a seguir nos vindeiros tres anos”. Sr. D. Pablo Ramón Fernández Asensio, Director Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños.
12:00.- Coloquio.
12:45.- Clausura do Foro.