Partido Popular de Lugo

O PP emplaza a Ricardo Varela a exercer o seu cargo e a tomar medidas contra o voceiro do seu partido en Lourenzá

Lugo, a 15 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo emplaza a Ricardo Varela, secretario provincial dos socialistas,  a que dé a cara e tome medidas, en consonancia co seu cargo, co voceiro do seu partido en Lourenzá, Jorge García Crespo, ó que o fiscal pide tres anos e tres meses de prisión por un presunto delito de falsedade documental.

Os populares suliñan que, á vista dos últimos acontecementos, Varela sae a relucir en todas as presuntas corrupcións que están neste intre abertas, tanto no que atinxe á trama agraria como o que está a acontecer no concello de Castro de Rei e na Deputación de Lugo.

Insisten os populares en que, pese a requerirlle explicacións a este respecto, nada di nin cando el está implicado directamente nin cando afecta a súa formación política, ou sexa, dá a calada por resposta, ó igual que o seus compañeiros de partido José Ramón Gómez Besteiro e José Blanco, que prefiren mirar para outro lado na vez de facer as  aclaracións pertinentes.

Entenden os populares que nestes casos o silencio non é a mellor opción porque delo pódese concluir que quen cala otorga, polo que instan a Varela a actuar sin demora.