Lugo, a 14 de xuño de 2010.- O presidente do Partido Popular de Lugo demandou hoxe ó presidente da Deputación que dé explicacións sobre a implicación dun membro do seu equipo de goberno nunha suposta trama para construir un centenar de chalés de xeito irregular da que deu conta onte un medio de comunicación. Trátase, en concreto, do deputado provincial e alcalde de Castro de Rei Juan José Díaz Valiño, tamén implicado noutro proceso xudicial sobre supostas adxudicacións irregulares de obras sobre o que recentemente levantouse o segredo de sumario.
José Manuel Barreiro, “respetando a presunción de inocencia e o procedemento xudicial”, entende que a gravidade das acusacións “requiren unha explicación urxente por parte de Gómez Besteiro porque é a segunda vez que este integrante do seu equipo se ve directamente afectado por unha investigación xudicial”. Unhas explicacións que, segundo explicou, “pedimos hoxe públicamente pero que tamén formularemos polos cauces pertinentes na propia institución”.
O líder dos populares lucenses considerou igualmente “preocupante” que tamén se relacione con este caso ó ex conselleiro de Traballo e responsable do PSOE na provincia Ricardo Varela. “O seu nome sae moito a relucir estos días a raíz da suposta trama agraria”, apuntou.
José Manuel Barreiro referiuse ademais á ausencia de representación institucional por parte da Deputación de Lugo na ofrenda do Antigo Reino de Galicia ó Santísimo Sacramento como “algo sen precedentes”. “É inxustificable que nun acto de tanta relevancia como éste e, polas súas características e solera, único, non houbera ningún representante da Deputación, máxime cando na remuneración dos integrantes do equipo de goberno, nomeadamente do seu presidente e os seus tres vicepresidentes, inclúense o de representación. Resulta insólita una situación coma ésta da que agardamos que o Sr. Besteiro dé explicacións”.