Partido Popular de Lugo

O PP continúa hoxe en Monforte as xornadas informativas entre cargos locais e responsables do goberno autonómico

Monforte, a 12 de xuño de 2010.- O Partido Popular de Lugo continúa hoxe en Monforte as xornadas informativas de ámbito provincial nas que os alcaldes e voceiros municipais terán a oportunidade de intercambiar impresións cos máximos responsables das distintas áreas de goberno da Xunta de Galicia e, a súa vez, os conselleiros darán conta da xestión realizada durante este primeiro ano de lexislatura.
No encontro, continuidade do celebrado o pasado día 8 de maio en Foz, participan os conselleiros de Educación e Medio Rural, Jesús Vázquez e Samuel Juárez, respectivamente.

A iniciativa enmárcase dentro da campaña de explicación da acción de goberno desenvolvida durante este primeiro ano de lexislatura que se está a promover dende a dirección rexional da formación política e que ten como principal obxectivo rendir contas sobre o grado de cumplimento do programa electoral co que o Partido Popular concurriu as eleccións autonómicas.

Conscentes de que o traballo desenvolvido polo Partido Popular de Lugo no seu conxunto, dende os seus dirixentes ata todos e cada un dos seus militantes, foi decisivo para acadar uns resultados electorais que permitiron constituir un goberno popular e polo tanto foron copartícipes de que cada un dos conselleiros ostenten o cargo que ocupan, éstes rendirán contas sobre a súa xestión ante os representantes da formación en cada un dos concellos da provincia de Lugo e reflexionarán con eles sobre os pasos andados e os que quedan por andar.