Cospeito, 04 de xuño de 2010.- As Novas Xeracións do Partido Popular de Cospeito dan a batalla tamén na internet e para iso convidan a todos os veciños e, de xeito especial, á xuventude local a visitar a nova web: http://nnxxcospeito.com/
Malia que a súa presentación oficial realizouse con ocasión da cea de confraternidade celebrada o pasado 21 de maio, en Muimenta, hoxe quixeron facer un chamamento a todos os veciños para que visiten este portal cuxa principal finalidade “é servir de espazo de participación a través do que poderán facernos chegar todo tipo de suxestións, así como dar a coñecer a organización político-xuvenil do Partido Popular de Cospeito”.
A web de Novas Xeracións de Cospeito, nnxxcospeito.com, contará cun apartado onde se anunciarán todo tipo de eventos e actividades que se leven a cabo por esta agrupación e se colgará toda información que poida ser de interese á xuventude (axudas das distintas administracións, subvencións, etc). O presidente das mocidades do PP local, Fernando Carreiras, tamén subliñou “a presenza desta organización nas redes sociais de facebook e tuenti baixo o nome de Novas Xeracións Pp de Cospeito”.
Neste proxecto os mozos populares de Cospeito estiveron arroupados por unha amplia representación da Executiva de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, incluído o seu Presidente, recentemente elixido, Daniel Vega que salientou “a importancia deste tipo de eventos que manifestan a gran labor que as Novas Xeracións está a realizar en toda a provincia”.
Neste evento tamen participou o Presidente do Partido Popular de Cospeito, Armando Castosa Alvariño, acompañado de varios afiliados desta organización na localidade. Armando Castosa destacou “a gran importancia da inciativa de creación deste portal web, como instrumento de comunicación entre os mozos, que as Novas Tecnoloxías nos ofrecen”.