Lugo, a 2 de xuño de 2010.- O deputado popular Dámaso López tachou de “hipócritas” e “amnésicos” a José Tomé e Luis Angel Lago por criticar á Xunta no desenvolvemento do porto seco de Monforte.
“O que está feito ata o momento, moito ou pouco, é obra do Partido Popular. É resulta insultante que os socialistas veñan a Monforte a criticar a xestión do goberno galego cando está xa licitado o estudio para enlazar a plataforma coa estrada de Lugo e a redacción do proxecto de enlace coa N-120, e cando a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras asumirá directamente a súa urbanización”, explicou López.
“Os socialistas, durante os catro anos da Xunta bipartita, pese as promesas e as reiteradas visitas das daquela conselleiras de Política Territorial e Vivenda non fixeron absolutamente nada por esta infraestructura polo que está claro que tanto Tomé coma Lago Lage tiveron o outro día un ataque de amnesia porque doutro xeito non se entende semellante cara dura”, engadiu.
A Xunta vai adicar 20 millóns de euros á conexión do porto seco coa estrada LU 546 Nadela – Monforte e coa N-120, ó que haberá que engadir o desembolso derivado da súa urbanización, que rondará os 30 millóns de euros e que asumirá directamente o Instituto Galego de Vivenda e Solo ante a imposibilidade de que o fixera Semat. Ante estes datos, Dámaso López retou ós socialistas a poñer sobre a mesa o investimento real que adicou a Xunta bipartita a este proxecto.