Partido Popular de Lugo

López: “as manifestacións do alcalde deixan claro que no debate sobre a sanidade só había unha motivación política”

Monforte, a 1 de xuño de 2010.-  “As propias declaracións do alcalde de Monforte están a deixar claro cada día que pasa que na súa impostora defensa da sanidade só había unha motivación política, que perseguía motivos moi distintos da mellora deste servicio”, asegurou o presidente dos populares monfortinos e deputado autonómica Dámaso López. “Nós alertamos dende o principio deste propósito e o tempo estanos a dar a razón.”, apuntillou.

López indicou que “non hai peor xordo que o que non quere oir” e suliñou que “o que dixo o presidente da Xunta o pasado venres non foi máis que ratificar o que xa explicara por activa e por pasiva a conselleira de Sanidade no Parlamento e eiquí”, o que denota, na súa opinión, “que Severino Rodríguez mentiu deliberadamente ós veciños e alentou un debate e unha alarma social sin ningún fundamento e cun claro interese partidista”.

“Durante sete meses ó alcalde non lle quedou claro o que eu dicía, o que dicía a conselleira e o que dicía o resto dos alcaldes. Pero agora, xa que se convenceu, se fose persoa de ben o que debía facer era rectificar e facerlle chegar ós veciños de Monforte esa rectificación”, engadiu. 

O presidente dos populares monfortinos reiterou que “ó alcalde de Monforte caiuselle a máscara” e que seguir dándolle voltas a este asunto “cando todo está moi clariño” non fai máis que “poñelo en entredito e constatar que a súa terquedade en non recoñecer a evidencia non era porque as explicacións dadas polos responsables da consellería de Sanidade non se axustaran a razóns claras e obxectivas, senón porque políticamente non lle interesaba entender e asumir o que se lle dicía”.

“Durante sete meses ó alcalde non lle quedou claro o que eu dicía, o que dicía a conselleira e o que dicía o resto dos alcaldes. Pero agora, xa que se convenceu, se fose persoa de ben o que debía facer era rectificar e facerlle chegar ós veciños de Monforte esa rectificación”, engadiu.  

Neste contexto, López lembroulle á tenente alcalde María José Vega o acordo ó que ambos chegaron durante un pleno no que se abordou este asunto. “Quedamos en que quen mentira sobre este particular tiña que dimitir, así que imaxino que ela xa estará nelo”, explicou.  

Dámaso López tamén críticou que o deputado José Tomé pretenda seguir a fomentar sombras da dúbida sobre este asunto, subíndose a un carro ó que inicialmente se mantivo alleo e co que incluso marcou distancia. “Tamén el terá que explicarlle ós monfortinos que é o que motiva os seus cambios de opinión aínda que, tendo presente a súa andaina política, xa non sorprende nin extraña nada do que faga porque incluso ata o seu xefe de filas tivo que vir a malexplicar a razón pola que o retiraba de Monforte”, engadiu.