Partido Popular de Lugo

O Presidente do PP de Lugo explica en Monforte, a verdade das reformas do Goberno Central

Monforte, 31 de maio de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP en Lugo, José Manuel Barreiro, acudeu esta tarde a Monforte para explicar a verdade das reformas acometidas polo Goberno Central.

Nunha Asemblea informativa, na que estiveron presentes a Senadora, Julía Rodríguez, Deputados Autonómicos, Alcaldes e Voceiros dos concellos da zona sur da provincia, o líder dos populares lucenses manifestou que o seu partido está facendo fronte a esta mala situación económica, herdada dun goberno socialista, e tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir.

O voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo asegurou que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude, e moitas veces medo na cidadanía, cando son reformas para garantir o futuro das xeracións.  Insistíu Barreiro, que o Partido Popular sae a rúa para dar a cara e decir a verdade destas reformas, que son, malia que duras, necesarias para saír desta crise provocada por un goberno socialista. A diferencia dos que agora andan a manipular e alertar a cidadanía, nos saímos a rúa, damos a cara, e non agochamos a verdade,  non facemos coma no seu momento fixo o goberno de ZP: agochar unha crise 8 anos- manifestou Barreiro.

Asembleas informativas, reparto de dípticos informativos e algunha rolda de prensa son a tónica predominante en tódolos concellos lucenses ata finais do mes de xuño, mes no que esta campaña informativa porá o seu punto e final.