Partido Popular de Lugo

NOVAS XERACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO AMOSAN A SÚA GRANDE SATISFACCIÓN E APOIO AO CANDIDATO JAIME CASTIÑEIRA

Lugo, 31 de maio de 2010.- O presidente provincial das Novas Xeracións en Lugo, Daniel Vega acompañado doutros membros das mocidades do Partido Popular arrouparon coa súa presenza a Jaime Castiñeira. Unha representación das mocidades do PP lucense asistiron á  presentación oficial da súa candidatura á alcaldía de Lugo, celebrada o pasado  sábado nun lugar simbólico, o Monte do Gozo de Santiago de Compostela, no acto que presidiu Alberto Núñez Feijoo, e no que tamén participaron os que encabezarán as listas electorais desta formación política nas sete grandes cidades.

As mozas e mozos do Partido Popular amosan a súa grande satisfacción pola oficialización da candidatura de Jaime Castiñeira quen, ademais conta co total apoio da xuventude para facerse coa alcaldía da cidade da muralla. Desde Novas Xeracións son sensibles aos ventos de cambio que se intensifican no consistorio da capital lucense, tras evidenciarse o esgotamento do Goberno de Orozco e subliñan que Jaime Castiñeira lidera un proxecto ilusiónante e fortemente comprometido coa xuventude, coas súas problemáticas, retos e aspiracións de futuro.