Partido Popular de Lugo

Castiñeira promete un programa electoral “crible e cumprible”

Lugo, 31 de maio de 2010.- O candidato popular Jaime Castiñeira comprometeuse esta mañá a elaborar un programa electoral “crible e cumplible”. Na súa primeira comparecencia ante os medios logo de ser proclamado candidato, o popular lembrou a promesa que lle fixo ao presidente da Xunta, “pero sobre todo aos lugueses” de non seguir endebedando a cidade.

O programa electoral vai ser “unha guía e non un memorándum” porque o candidato “ten moi claro o modelo que precisa Lugo”. O seu primeiro compromiso é a axilización da xestión municipal, como coas licenzas. “¿Por qué temos que esperar dous anos para tramitar unha licencia, cando se pode facer á perfección en tres meses?”, reflexionou o candidato.

Castiñeira tamén fixo un segundo compromiso. O popular asegurou que “fuxirá dos enfrontamentos co persoal municipal”. Ao seu xuízo, os empregados do Concello deben ser tratados como “aliados e non seren considerados como adversarios”. Castiñeira pensa que “un goberno municipal non pode vivir en continuo enfrontamento coa xente que ten que solucionar os problemas dos cidadáns”. A xuízo de Castiñeira, os empregados municipais son “un piar fundamental do traballo do Concello”, polo que apostará por unha política de persoal “diametralmente aposta á que mantivo o goberno municipal ata agora”.

O candidato popular amosouse convencido de que “os lugueses son conscientes de que a cidade precisa un cambio de rumbo”. “Non podemos seguir sendo a cidade galega na que se destrúe máis traballo nin a segunda máis endebedada”, afirmou Castiñeira. O popular está “seguro de que o esforzo valerá a pena” e de que “os cidadáns saberán apreciar a nosa presenza na rúa e o noso traballo cos veciños”.

Pola súa banda, Barreiro eloxiou “o profundo coñecemento que Jaime ten da cidade” e revelou que “é moi difícil atopar alguén que teña un proxecto de cidade tan claro coma o popular”. O presidente provincial matizou que “Jaime é unha persoa tremendamente traballadora, moi humilde e que conecta moi ben con todos os veciños de Lugo”. A xuízo de Barreiro, “cando Orozco presume do PXOM, presume de que o mellor traballo da súa legislatura fíxollo Jaime Castiñeira”. O presidente provincial contrapuxo a coherencia do candidato popular coas posturas “oscilantes” do actual alcalde sobre a estación intermodal ou sobre o traslado do Centro de Especialidades. Barreiro tamén lle solicitou ao PSOE que lle faga caso a Orozco e o nomeen candidato para que “o deixe de andar rogando polas esquinas”.