Partido Popular de Lugo

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR INSTA Á XUNTA Á CRECIÓN DUNHA COMISIÓN DE ESTUDO DA SINESTRALIDADE E PARA A MELLORA DA SEGURIDADE MARÍTIMA EN GALICIA

Santiago, 28 de maio de 2010.-  O Grupo Parlamentario Popular vén de presentar unha iniciativa pola que insta á Xunta á creación dunha comisión de estudo da sinestralidade e para a mellora da seguridade marítima en Galicia. O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro Orol,  defendeu nunha rolda de prensa ofrecida no Pazo do Hórreo que esta comisión se integre na estrutura do Consello Galego de Pesca, máximo órgano consultivo da Consellería do Mar, e no que está representado todo o sector (confrarías, asociacións de produtores, armadores, sindicatos, diversas organizacións pesqueiras,.. etc.)

Os populares queren promover deste xeito, aproveitando a inminente reforma do Consello Galego de Pesca, este ambicioso debate, no que consideran imprescindible a  participación de expertos de prestixio. En conxunto, todo o sector pesqueiro galego está chamado a analizar a situación actual e ofrecer solucións que contribúan á mellora da seguridade e saúde das traballadoras e traballadores do mar.

Jose Manuel Balseiro salientou que estamos a falar dun sector con elevados índices de  sinestralidade e no que o risco cero non existe. Precisamente as últimas estatísticas oficias reflectían un descenso da sinestralidade marítima durante o ano 2009, dun 18% en accidentes graves, e dun 38% no tocante a sinistros mortais. Este tendencia mudou cos últimos datos coñecidos,  xa que os accidentes con baixa creceron en marzo nun 10,37%, eso si, fundamentalmente polo aumento dos sinistros de  carácter leve. En todo caso, a situación que máis preocupa é a que implica o combate  fronte aos naufraxios, que son os eventos que maior risco implican para a vida e integridade física dos homes e mulleres do mar.

IMPORTANTE ESFORZO DA CONSELLERÍA DO MAR.- O voceiro de asuntos pesqueiros do Grupo Parlamentario Popular salientou o importante esforzo desenvolvido pola Consellería do Mar para a potenciación e reforzo dos   medios  materiais e humanos do servizos de Gardacostas de Galicia,  de xeito especial, tras duplicación de tripulacións, que permitiu unha cobertura ante calquera emerxencia marítima ás 24 horas do día, os 365 días ao ano. Para avanzar nesta liña adiantou que agora tamén cómpre realizar novos esforzos na mellora da seguridade das embarcacións pesqueiras, precisamente para actuar no ámbito da prevención.

Jose Manuel Balseiro quixo facerse eco das múltiples voces que, procedentes do sector e de distintos expertos, que á  luz dos últimos naufraxios acontecidos, poñen de relevo que se están a presentar sospeitas sobre a estabilidade das embarcacións. Malia que  nos últimos anos é innegable os avances nas técnicas de construción e nos medios de seguridade a bordo, a propia dinámica do traballo no mar, as modificacións estruturais que se fan ao longo da vida  útil dos barcos, e a confluencia de determinados aspectos, entre os que xoga un papel determinante a metereoloxía adversa, rematan por producir situacións como afundimentos e envorques de barcos novos co conseguinte risco   para os seus tripulantes. Casos como os de o buque O Bahía  e  outros moitos,  poñen o debate sobre a mesa, e serán obxecto de estudo na comisión que os populares propoñen a través desta iniciativa parlamentaria de impulso.