Lugo, a 27 de maio de 2010.- O Partido Popular de Lugo organizou hoxe un foro sobre discapacidade no que tentou darse información sobre as cuestións de interese plantexadas polos colectivos participantes, asociacións, técnicos e concelleiros da área de benestar.
O encontro foi inaugurado pola conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato e clausurado pola responsable de Benestar do PPdeG e secretaria xeral de Familia e Benestar Susana López Abella.
O foro centrouse en cuestións de interese para as persoas afectadas por unha discapacidade como son a xestión de axudas, os baremos ou o emprego e estructurarase en diferentes mesas de traballo en función do colectivo ó que ía dirixido: asociacións, traballadores sociais ou concelleiros da área de Benestar.
A responsable de Benestar do PPdeG, Susana López Abella, suliñou, entre outras cuestións, as axudas que está a concerder ós concellos a Xunta de Galicia encamiñadas a eliminar as barreiras arquitectónicas que tantas dificultades ocasiona ás persoas con movilidade reducida. Así, segundo dixo, para o bienio 2009-2010 adicáronse a este obxectivo máis de 630.000 euros, dos que preto de 180.000 euros son para a provincia de Lugo.
López Abella tamén fixo especial fincapé durante a súa intervención no encontro, tanto na mesa de traballo na que actuou como ponente coma no acto de clausura, que un dos principais obxectivos da Xunta é avanzar nas políticas que beneficien ás persoas con discapacidade que, segundo dixo, representan en Galicia o 7,4 por cento da población (207.073 persoas), en base ós datos a 31 de decembro do pasado ano, das que o 9,8 por cento corresponden á provincia de Lugo (20.267 persoas). Unhas políticas que se concentran no desenvolvemento do Plan de Actuación Social de Galicia 2010-2013 e o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade 2010-2013.
Así, o Plan de Actuación Social de Galicia 2010-2013 ten como obxectivo principal ofrecer ós discapacitados os apoios necesarios para que poidan levar a cabo o seu propio proxecto de vida coa máxima autonomía.
Segundo explicou, o colectivo de discapacitados, “heteroxéneo por definición”, presenta non obstante unhas necesidades comúns para conseguir o seu pleno desenvolvemento persoal, que abranguen o benestar emocional, as relacións interpersoais, o benestar material, o desenvolvemento persoal, o benestar físico, a autodeterminación, a inclusión social e os dereitos.
Cada unha destas liñas teñen unha concreción particular e específica neste plan en función dos diversos perfís de persoas con discapacidade ás que se dirixa a acción: persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial ou derivada de enfermidade mental, que se concretan no marco da elaboración do Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013. Nel abórdanse dun xeito transversal todos os aspectos relativos ás persoas con discapacidade, polo que na súa posta en marcha participan outras consellarías ademais da de Traballo e Benestar, que xirna sobre varios eixos fundamentias: fomento das actividades formativas, promoción da accesibilidade no entorno físico, o transporte e as comunicacións e orientación e apoio ás familias ante unha situación de discapacidade dalgún dos seus membros.