Partido Popular de Lugo

López ve nas “ansias desbordadas de protagonismo” de García un xeito de facer méritos para que o BNG lle dé mellor posto na lista electoral

Monforte, a 22 de maio de 2010.- O presidente do Partido Popular de Monforte e deputado Dámaso López acusou á voceira da plataforma sanitaria Maribel García de seguir enredando e promovendo a deconfianza entre os usuarios do hospital comarcal de Monforte coas súas manifestacións cando está moi claro o respaldo e a potenciación da que vai ser obxecto o centro monfortino.

“A obstinada e malintencionada insistencia de García xa non é entendible a non ser que responda a outros intereses, xa máis persoais, como intentar facer méritos para que o BNG a inclúa en postos de máis relevancia nas próximas listas electorais”, indicou o deputado popular.  “As ansias desbordadas de protagonismo que parece querer alcanzar non se entenden xa se non é por este motivo”, engadiu.   

Dámaso López reiterou que “os plans da Consellería de Sanidade están perfectamente claros: Monforte non só manterá a súa área sanitaria propia e funcionará con independencia e autonomía da de Lugo senón que será potenciada”. Segundo salientou a “aparecente preocupación de Maribel García polo hospital monfortino delata un interese político máis que a defensa e mellora dun servicio público. Ninguén pode achacarlle o Partido Popular a súa aposta e compromiso nin coa sanidade nin con Monforte”.

O deputado popular tamén aclarou que a visita do Presidente do PPdeG e presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo a Monforte enmárcase nunha ronda de encontros que mantén con afiliados e simpatizantes en moitos concellos de Galicia. “A axenda do presidente non se improvisa dun día para outro e a cena que se vai a celebrar en Monforte leva programada máis de tres meses”, apuntillou.