Partido Popular de Lugo

Barreiro: “os responsables de xerar esta alarma social sobre o futuro do hospital de Monforte terán que responder da súas mentiras e imprudencia”

Monforte, a 14 de maio de 2010.- O Partido Popular “lamenta profundamente” que algunhas forzas políticas nun intento por acadar un “cuestionable” rédito electoral puxeran en cuestión a continuidade da área sanitaria de Monforte e, o que é peor, intranquilizaran a poboación nun tema tan sensible e tan básico como é a sanidade pública aducindo unha pretendida perda de servicios no hospital comarcal de Monforte.

O Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro compareceu hoxe en Monforte, acompañado do deputado Dámaso López e o voceiro do grupo municipal Manuel Eiriz, para valorar a manifestación “teóricamente” convocada para onte pola plataforma en defensa da sanidade: “Resulta patético que a lexítima confrontación de idearios políticos leve a algúns partidos a pensar que todo vale e que poden convocar e alentar unha cruzada, terxiversando á súa conveniencia a realidade, e que despois crean que poden saír indemnes do seu cuestionable proceder”.

Barreiro acusou “directamente e sen tapuxos” ó BNG e o PSOE de estar detrás da manifestación celebrada onte “a expensas de intranquilizar ós usuarios do hospital comarcal de Monforte” e “de abandeirar a protesta  nunha triste representación da máis reprochable hipocresía e demagoxia política”.  

“A Xunta de Galicia e o Partido Popular dixo en todo momento que non só que ía manterse a área sanitaria de Monforte senón que se ía potenciar. Dixoo no Parlamento a conselleira de Sanidade en respota a preguntas orais e escritas, dixollo os representantes da plataforma cos que se reuniu en Santiago, quedou recollido nun acordo unánime do Parlamento do pasado 4 de febreiro no que, partindo dunha PNL presentada polo BNG na que pedía o mantemento desta área sanitaria, engadiuselle, a proposta do PP, a ampliación de competencias e catálogo de servicios, así como a integración coordinada dos distintos centros de saúde de atención primaria,  repetiuno a conselleira antonte mesmo en Monforte ós alcaldes. Dixoo en “incontables” ocasións o deputado Dámaso López e eu mesmo o dixen en febreiro neste mesmo lugar cando celebramos unha reunión do comité de dirección do partido”, explicou Barreiro.

“Non hai peor xordo que o que non quere oir: Monforte manterá a súa área sanitaria propia, que funcionará con independencia e autonomía da de Lugo. Pódese dicir máis alto pero non máis claro”, engadiu.  

O líder dos populares lucenses, ademais de advertir “ós responsables de xerar esta alarma social infundada que as súas mentiras lle van pasar factura”, salientou que “o compromiso da Xunta co hospital de Monforte e a súa área de influencia queda ratificada polo compromiso económico e a mellora e ampliación de servicios e instalacións reiterados o mércores por Pilar Farjas pese ó recorte ozamentario e a dura crise na que nos atopamos”.

MATIZACIÓNS Á PLATAFORMA.- Barreiro tampouco pasou por alto as criticas realizadas pola Plataforma ó feito de que a conselleira de Sanidade non se reunira con eles dada a súa condición de convocantes da manifestación e indicou que “responsables da Consellería de Sanidade e a propia Pilar Farjas entrevistaronse con representantes deste colectivo o pasado mes de febreiro en Santiago”.

Tamén fixo alusión ó servicio de autopsias que se recupera hoxe no hospital de Monforte. “Sinto contradecir á Plataforma tamén neste asunto e lamento que non reivindicaran o restablecemento deste servicio durante a etapa do bipartito, que foi o que decidiu centralizalo en Lugo dende abril de 2006”. O PP, segundo explicou, levaba no seu programa electoral a descentralización da autopsias e o pasado mes de xaneiro os deputados Dámaso López e José Manuel Balseiro preguntaron no Parlamento cando se ía restablecer nos hospitais de Monforte e Burela. No mes de marzo o director xeral de Xustiza contestoulles que posiblemente en abril ou maio se resolvería a falta de especialistas en medicina legal e sería entón cando estaría operativo. “O PP reivindica cando é oposición e cumple cando é goberno”, concluiu Barreiro.

O presidente dos populares lucense tamén ironizou sobre a xenerosidade que amosou o contribuinte anónimo que se fixo cargo dos gastos derivados dos autobuses empregados para trasladar os asistentes onte á manifestación. “É de loubar que nun momento de crise como o actual haxa alguén tan desprendido e solidario”, apuntillou.