Partido Popular de Lugo

González Barcia afirma que Martínez descoñece como funciona o propio servicio de Vías e Obras

Lugo, a 13 de maio de 2010.- O voceiro adxunto do Grupo Provincial Popular José María González Barcia acusou ó deputado delegado de Vías e Obras Manuel Martínez de “descoñecemento do funcinamento do seu propio departamento, Vías e Obras, porque eses intereses que el di que a Deputación tén que pagar polas expropiacións débense ós retrasos nas respostas do Xurado Galego de Expropiacións durante a Xunta bipartita”.

Barcia afirmou que “ese retraso chegou a manifestarse en comunicacións nas que se facía constar que por falla de tempo non se podía resolver determinado expediente, pasando o prazo dos tres meses correspondentes, o que imposibilitaba a continuidade no procedemento de expropiacións”.

Polo tanto, o deputado popular considera que “a teima de Martínez co anterior equipo de goberno da Deputación é surrealista”. “Agora”, engadiu Barcia, “estase comenzando o procecemento de expedientes de expropiación que foron iniciados no último ano de goberno popular, como é o caso da estrada de A Pastoriza Carrizal-Moncelos, por poñer un exemplo, e non se ten asinado ningunha acta de ocupación dende 2007, o que pode ser unha irregularidade”.

Esta circunstancia demostra, na súa opinión, a paralización absoluta na que se atopa a Deputación por culpa do bipartito e, a maiores, “que quizais sexa agora cando non se están a facer as cousas ben”.

Ademais, o deputado popular afirmou que “Martínez volve a mentir coas supostas irregularidades de compras de terreos”, e facendo alusión a tendencia do responsable de Vías e Obras a acudir ós xulgados durante a súa etapa na oposición, pregúntase cómo é posible, si coñecía a existencia desas irregularidades, non as puxera en coñecemento dos tribunais.

En calquera caso González Barcia pediulle a Besteiro e a Martínez que se poñan de acordo sobre este asunto e lembra que o presidente da Deputación anunciou durante o debate do plan extraordinario de obras da institución provincial que se algún ben había que incorporar para facer esas obras sería mediante o procedemento de mutuo acordo, “un procedemento do que Martínez non parece querer saber nada a tenor das súas declaracións”. “Parece, por tanto, que Martínez non se entera ou fai que non se entera”, concluiu Barcia.