Partido Popular de Lugo

Barreiro avoga nunha entrevista publicada na revista «Ejecutivo» pola reforma do Senado

O senador do Partido Popular por Lugo José Manuel Barreiro asegura, entre outras cousas, nunha entrevista publicada pola revista «Ejecutivo» que é urxente acometer a reforma da Cámara Alta. Barreiro considera que hai que afrontar esta reforma para convertir o Senado no que realmente é: unha cámara de representación territorial e de segunda lectura, tal e como aparece recollido na propia Constitución.