Partido Popular de Lugo

Barcia a Martínez: “a obligación do Partido Popular é denunciar o uso partidista das institucións e na Deputación de Lugo está a pasar eso”

Lugo, a 12 de maio de 2010.- “O responsable de Vía e Obras da Deputación de Lugo descoñece a información que fai pública o seu propio servicio a través da web institucional. O Sr. Martínez debería de consultar esta documentación, na que claramente se especifica o perfil do contratante, antes de facer afirmacións que o deixan en evidencia”. Así de contundente respondeu José María González Barcia, voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular, as declaracións de Manuel Martínez nas que aseguraba que non había trato de favor ós concellos gobernados por alcaldes socialistas e nacionalista na distribución das obras que se executan con cargo ós orzamentos da Deputación.

“Non só non me destigo do dito senón que me reafirmo”, aseguron Barcia. As obras adxudicadas pola Deputación no ano 2009, sen contar as derivadas do canon, o POS, as incluidas na rede viaria provincial e as que tiveron como destino as propias instalacións provincias (a estas últimas adicáronse 863.285 euros), ascenderon a 9.674.501 euros (e só ó 5,35 por cento, é dicir, 517.418 euros, foron a parar a municipios gobernados polo PP. Pola contra, aqueles concellos que responden ás siglas do PSOE e/ou BNG supuxeron 9.157.083 euros, o que representa o 94,65 por cento do total. “Esa é a realidade por moito que o Sr. Martínez intente negalo”, apuntillou Barcia.

Segundo o voceiro adxunto do GPPP o responsable de Vías e Obras da Deputación tampouco pode negar que no 2009 o seu concello foi o destinatario da adxudicación de tres obras (nas que non se inclúen, puntualiza Barcia, nin o POS nin o mantemento da rede viaria provincial) que suman en total 2.100.548,1 euros.

“Nós non dubidamos de que sexa necesario acometer as obras adxudicadas tanto en Becerreá como no resto dos concellos gobernados por socialistas ou/e nacionalistas, o que si poñemos en cuestión é o que nese reparto saen moi mal parados os concellos con alcaldes do Partido Popular e denunciamos, en consecuencia, como é a nosa obliga como grupo da oposición e fiscalizadores da acción do goberno, esa circunstancia”, insistiu González Barcia.

“Empregando os principios universais das matemáticas e non as particulares divisións que fai o Sr. Martínez, o importe total das tres obras adxudicadas ó Concello de Becerreá en 2009 (referentes á piscina municipal e á mellora das estradas provinciais 0701 e 0708) representa o 21,7 por cento dos 9.674.501 euros adicados pola Deputación ás obras as que facemos referencia dende o GPPP”, engadiu Barcia.