Lugo, a 10 de maio de 2010.- “Impresentable e mentiroso”. Deste xeito calificou ó voceiro dos socialistas na Deputación Antonio Gato o voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular a tenor das súas declaracións sobre a residencia de Baleira que os actuales dirixentes provincias se negan a construir pese a haber un convenio asinado “e en vigor”, segundo aclara, entre as dúas administración afectadas. Calificacións que comparte o rexidor desde municipio Francisco Acal, quen puntualiza ademais que en ningún momento requeriu á Deputación a transferencia ó Concello dos cartos comprometidos para este proxecto senón que, dada a incapacidade da administración provincial de sacar adiante o proxecto, instounos a deixar que o Concello a xestionara directamente.
Ademais, José María González Barcia tacha de cobarde ó presidente da institución provincial José Ramón Gómez Besteiro por non dar a cara neste asunto e escudarse primeiro na vicepresidenta terceira María José Vega e agora no voceiro socialista. “Por qué”, pregúntase, “son outros os que teñen que opinar sobre este asunto cando ningún deles estivo presente nas numerosas reunións que o alcalde de Baleira mantivo con Besteiro sobre este asunto e no que o presidente da Deputación se adicou a dar largas e a enmarañar o proceso dicindo que sería a propia administración provincial a que adquiriría a parcela para ubicar estas instalacións. Uns encontros nos que incluso estivo presente José Rivero e o seu xenro José Antonio Abelairas, propietario da parcela que en teoría quería adquirir a Deputación, segundo aseguraba Besteiro, e co que incluso chegara a un acordo no precio da mesma”.
“Por qué Besteiro non se atreve a dicir que o Concello non aportou os terreos e, polo tanto, incumpliu a parte do trato que lle correspondía”, insiste Barcia para a reglón seguido respostar que “non se atreve a facelo porque é consciente de que non ten documentos nos que apoiarse para facer tal afirmación”.
O Concello de Baleira con data 22 de marzo de 2007 asinou unha opción de compra co propietario da parcela de preto de 1.700 metros cuadrados ubicada na rúa Marqués de Racamonde con vixencia ata o 31 de decembro de 2007 e que, segundo se recolle no propio documento, íase destinar á construcción dunha residencia, un centro de día e un circuito de ximnasia de mantemento. Tras o fallecemento do propietario do terreo, o Concello voltou a suscribir coa nova propietaria unha nova opción de compra con data 9 de maio de 2009 e con vixencia ata o 31 de decembro do pasado ano e finalmente o 9 de decembro de 2009 o Concello de Baleira adquiriu o terreo aludido por importe de 78.132 euros. Unha adquisición que, segundo salientan os populares, concretouse cando tanto o Alcalde como o propietario do outro terreo se desengañaron e déronse conta de que Besteiro no tiña intención de adquirir ningunha parcela e que o único que estaba tratando de facer era dilatar no tempo o cumplimento do acordado.
O alcalde de Baleira mantivo personalmente informado de todo este proceso ó presidente da Deputación, ó que tamén lle aportou a documentación acreditativa pertinente.
Para Barcia e Acal non hai ningunha excusa que valia para que agora a Deputación se negue a cumprir un compromiso asinado e en vixencia co concello de Baleira e instan ó Gómez Besteiro a que deixe de poñer atrancos a un proxecto que el mesmo se comprometeu a executar.