Partido Popular de Lugo

O PP abriu en Foz unhas xornadas informativas entre cargos locais e responsables do goberno autonómico

Foz, a 8 de maio de 2010.- O Partido Popular de Lugo abriu hoxe en Foz unhas xornadas informativas de ámbito provincial durante as que os alcaldes e voceiros municipais tiveron a oportunidade de intercambiar impresións cos máximos responsables das distintas áreas de goberno da Xunta de Galicia e, a súa vez, os conselleiros darán conta da xestión realizada durante este primeiro ano de lexislatura. Neste caso participaron Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia, Rosa Quintana, conselleira do Mar, e e secretaria xeral para o Turismo María del Carmen Pardo. Os encontros terán continuidade en Monforte e Lugo.