Partido Popular de Lugo

O GPPP pídelle ó BNG que lle explique con claridade ós cidadáns de Barreiros a súa postura sobre o urbanismo

Lugo, a 8 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular pedieulle hoxe ó BNG que lle explique claramente ós veciños de Barreiros a súa oposición ó convenio urbanístico deste concello, onde o deputado nacionalista Antonio Veiga é concelleiro, e que contribuiu descaradamente a non buscar solución para sacar adiante o indicado convenio.

O GPPP afirmou que os nacionalistas “só queren buscar follón” co asunto do urbanismo en Barreiros, e lamentou que o BNG non tivese máis altitude de miras e votara en contra do indicado convenio na Xunta de Goberno provincial do pasado día 30 de abril. “Os veciños queren solucións, prácticas e viables”, aseguran os populares.

“Os veciños da provincia en xeral, e os de Barreiros en particular, xa se dan perfecta conta de que o BNG non é quen de facer un goberno serio, xa o demostraron co bipartito na Xunta e agora o fan co bipartito na Deputación. Aínda que nos dous casos a responsabilidade tamén é do PSOE, por pactar para evitar a toda costa que goberne o PP”, engadiron.

Na opinión do GPPP “os partidos políticos, e as administracións, están para resolver problemas. Menos o BNG, xa que os nacionalistas, alá onde están, só xeran problemas. Por eso consideramos que a postura do Bloque neste asunto é un enorme erro que non beneficia en nada ós veciños de Barreiros”.