Partido Popular de Lugo

Barreiro será o voceiro do grupo territorial de senadores galegos do Partido Popular

Lugo, a 7 de maio de 2010.- O senador e presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro asumiu hoxe a portavocía do grupo territorial de senadores galegos do Partido Popular durante un acto celebrado en Santiago, ó que asistiron, entre outros, o voceiro do grupo popular no Senado Pío García Escudero e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo.

O grupo territorial constituido hoxe está integrado polos 12 senadores en representación de Galicia cos que conta o Partido Popular, e ten como obxectivo facilitar a coordinación do traballo de carácter territorial que desenvolvan na Cámara Alta. Permitiralles, de feito, dispoñer dun turno adicional ó do propio PP durante os plenos sempre que os asuntos a tratar afecten a Galicia.

No Senado Barreiro compatibilizará a partir de agora a asunción desta nova responsabilidade de voceiro do grupo territorial coa de voceiro da comisión de Economía e Facenda do grupo popular.