Partido Popular de Lugo

O GPPP indica que a súa moción sobre a TDT pretende cubrir o vacío no que quedaron as zonas de sombra

Lugo, a 7 de maio de 2010.- Non existe contradicción algunha entre a moción, plantexada polo grupo socialista e aprobada por unanimidade en febreiro, na que se instaba á Xunta de Galicia e ó Goberno do Estado a cumplir o convenio suscrito entre ambas administracións para a implantación da TDT e a proposta presentada polo Grupo provincial do Partido Popular que se refire exclusivamente ás zonas de sombra onde a recepción do sinal tense que facer vía satélite. Así o asegurou o voceiro adxunto dos populares na Deputación José María González Barcia.

Barcia insistiu en que na moción do pleno do pasado 23 de febreiro instábase á Xunta e ó Estado a cumprir o acordo suscrito a finais de 2008 para executar o plan nacional de transición á TDT, e que o grupo socialistas provincial argumentou a petición facendo fincapé en que o mantemento das instalacións precisas para elo gravarían en exceso ós concellos si finalmente eran eles os que se tiñan que facer cargo desta tarefa. “No trascurso do debate xa lle fixen constar o voceiro socialista, Antonio Gato, que probablemente voltaríamos a farar deste tema e non dentro de moito tempo”, indicou o voceiro adxunto do GPPP.

“O pronóstico cumpriuse”, engadiu, “porque xa advertín daquela que o convenio que firmaron a Xunta bipartita e o Ministerio de Industria non contemplaba ningún tipo de actuación ou axuda para a instalación de conexións satélite naquelas zonas de sombra ás que non chegaba á TDT vía terrestre e agora teño que dicirlle, ademais, que a Xunta cumpliu escrupulosamente o que lle correspondía no mencionado acordo e que agora está centrada en mellorar o sinal nas zonas que presentan deficiencias”.

Gónzález Barcia suliña que a moción presentado polo GPPP tenta cubrir ese vacío e, “como xa advertín en febreiro”, na provincia de Lugo existen ó redor dun milleiro de casos nestas circunstancias e subsanalos costaralle ós afectados unha media de 300 euros por vivienda. 

O deputado provincial popular di non entender a razón pola que agora a Deputación se rasga as vestiduras e parece amosarse contraria a axudar económicamente ós veciños desta provincia que teñen este problema cando normalmente aposta pola implantación das novas tecnoloxías.    

Aportou ademais máis datos con respecto ós compromisos establecidos no convenio marco suscrito co Estado, indicando que a Xunta cumpliu os obxectivos de cobertura e dixitalización previstos para a provincia de Lugo, nos proxectos de transición de O Páramo, Ares e Meda, asumindo a través de Retegal o mantemento de dita rede. 

Engade que o convenio marco non contemplaba a cobertura dos canles de TDT autonómicos, entre os que está la TVG, e que foi un custo que asumió en solitario a Xunta de Galicia en todos os reemisores rurais. 

A maiores a Xunta fíxose cargo da inversión da homoxeneización das coberturas dos canles da Corporación Televisión Española e das televisións privadas de ámbito nacional no resto dos centros emisores principais operados por Retegal que no estaban incluidos no acordo marco, así como a coordinación do plan de transición e os honorarios das inxenierías que realizaron os proxectos técnicos dos novos reemisores de TDT. 

En total, as inversións realizadas na provincia de Lugo superan os cinco millóns de euros en menos de 6 meses e a cobertura alcanzada superan o 98% da población. Pese a ter ejecutado o que lle correspondía do convenio marco, a Xunta está a realizar melloras na rede que non estaban previstas nel, tanto no que atinxe a cobertura como na calidade  do sinal, especialmente en Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, As Nogais e Palas de Rei.