Partido Popular de Lugo

O PP organiza unha xornadas informativas entre cargos locais e responsables do goberno autonómico

Lugo, a 6 de maio de 2010.- O Partido Popular de Lugo organiza unhas xornadas informativas de ámbito provincial durante as que os alcaldes e voceiros municipais terán a oportunidade de intercambiar impresións cos máximos responsables das distintas áreas de goberno da Xunta de Galicia e, a súa vez, os conselleiros darán conta da xestión realizada durante este primeiro ano de lexislatura.

Os encontros principiarán o vindeiro día 8 en Foz, coa participación, entre outros de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia, e Rosa Quintana, conselleira do Mar; continuarán o día 22 en Monforte, onde acudirán, entre outros, Agustín Hernández e Jesús Vázquez, conselleiros de Medio Ambiente e Educación respectivamente, e rematarán o 19 de xuño en Lugo. Nesta xornada de clausura participarán o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, ademais dos máximos responsables das áreas de Sanidade, Cultura e Traballo, Pilar Farjas, Roberto Varela e Beatriz Mato, respectivamente.

A iniciativa enmárcase dentro da campaña de explicación da acción de goberno desenvolvida durante este primeiro ano de lexislatura que se está a promover dende a dirección rexional da formación política e que ten como principal obxectivo rendir contas sobre o grado de cumplimento do programa electoral co que o Partido Popular concurriu as eleccións autonómicas.

Conscentes de que o traballo desenvolvido polo Partido Popular de Lugo no seu conxunto, dende os seus dirixentes ata todos e cada un dos seus militantes, foi decisivo para acadar uns resultados electorais que permitiron constituir un goberno popular e polo tanto foron copartícipes de que cada un dos conselleiros ostenten o cargo que ocupan, éstes rendirán contas sobre a súa xestión ante os representantes da formación en cada un dos concellos da provincia de Lugo e reflexionarán con eles sobre os pasos andados e os que quedan por andar.