Partido Popular de Lugo

O voto contrario do BNG ó convenio urbanístico de Barreiros supón para o GPPP darlle as costas ós cidadáns

Lugo, a 3 de maio de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que o BNG non ten interese en resolver problemas, nin tan siquera cando están nas institucións gobernando, como o demostraron co voto en contra do convenio co Concello de Barreiros na xunta de goberno da Deputación do pasado venres.

Para os populares, o BNG confunde a política partidista coa política institucional, porque só así se entende ese voto absolutamente contrario á búsqueda de saídas consensuadas e o que pon de manifesto que o Bloque non actúa como un partido de goberno. Usan as institucións, engaden, para facer oposición, sen importarles nin o máis mínimo as consecuencias derivadas dese proceder.

Dende o GPPP insisten en que ese voto contrario ó convenio de Barreiros supón darlle as costas ós cidadáns, o que demostra que os nacionalistas, que foron uns dos que provocaron o problema e que en todo momento se adicou a botarlle leña ó lume, non son capaces de darse conta de que dende a Deputación, como dende o resto das institucións, estase para aportar solucións ós problemas. Por elo,  convidan ó BNG a que, si a opción adoptada non lles gusta, aporten unha propia, que sea viable, e lembranlle ós nacionalistas que ata o momento o único que fixeron e torpedear calquer intento por resolver a situación.

Dende o GPPP tamén interpretan que o desmarque dos nacionalistas deixan claro que na administración provincial non existe un goberno senón dous partidos que cohabitan e que se adican únicamente a actuar en función dos seus intereses partidistas sen importarlles qué é o mellor para os intereses xerais da provincia e dos seus habitantes.

Os populares tamén lle advertiron ó PSOE que non se pode dicir unha cousa na Deputación e outra radicalmente distinta no concello, en función das circunstancias e da situación, como acontece co convenio de Barreiros. Por eso, os populares pídenlle ó PSOE que unifique criterios de unha vez sobre este asunto, así coma sobre outros como a Lei do Solo ou o Plano de Ordenación do Litoral, e deixen de enredar e embarullar as cousas.