Partido Popular de Lugo

MOZOS POLO EMPREGO

O Partido Popular é a única esperanza para máis dun millón de mozas e mozos en paro. As políticas do PSOE demostráronse como un fracaso, pois o 44% dos máis novos que queren  traballar en España non poden facelo. 

Coa chegada do PSOE á Moncloa mudouse a tendencia positiva acadada polo Goberno do Partido Popular. Co PSOE 8 de cada 10 novos desempregados en Europa foron españois e preto dun millón deles son parados menores de 25 anos.
 

As políticas socialistas condenan a toda una xeración ao paro. Con Zapatero pasamos das promesas do pleno emprego para á xuventude, a unha situación insostible que demanda das administracións públicas unha aposta decidida e prioritaria pola loita contra o paro.  

Os mozos e mozas do Partido Popular de Lugo, como representantes da xeración máis comprometida de España, quere ofrecer a súa contribución para a superación das dificultades actuais e veñen de facelo a través dunha serie de propostas.

1.- A xuventude debe ser un dos colectivos protagonistas e prioritarios no deseño das políticas de emprego e, nesa liña, as administracións deben impulsar iniciativas  específicas de loita contra o paro xuvenil. 

2.- Deben potenciarse os servizos de información orientados ao mundo laboral, de tal xeito que establezan espazos específicos para potenciar a contratación das mozas e mozos menores de 30 anos.

3.- As administracións teñen que apostar polo fomento do espírito emprendedor, de tal xeito que sexamos capaces de remover os obstáculos que hoxe actúan en prexuízo da empregabilidade dos máis  novos e da súa capacidade de autoemprego.

4.- As administracións deben potenciar a formación profesional, creando un contrato dual formación-traballo, co obxectivo de desempeñar de  forma simultánea o proceso formativo  e  do primeiro emprego.

5.- As administracións deben promover un maior diálogo cos axentes económicos e sociais para pechar definitivamente unha axenda de reformas do mercado de traballo que avance na flexibilidade e a seguridade.

6.- Debe aumentarse o marco de dereitos e oportunidades dos traballadores en áreas como o traballo flexible, a conciliación da vida persoal e laboral, a formación ao longo de toda a vida, a calidade no ámbito de traballo e a igualdade.

7.- Debe desaparecer as políticas dirixidas ao aumento dos impostos, e dar marcha atrás na pretendida subida do IVE por canto suporá un  obstáculo máis para que, de xeito  especial, pequenas empresas e autónomos valoren a posible contratación de  novos traballadores. 

8.- É necesario seguir apostando por políticas de austeridade que corrixan o monumental aumento nos cargos públicos e dos gastos superfluos ou burocráticos que sempre caracterizaron aos Executivos socialistas.

9.- O Imposto de Sociedades desanima o investimento real, favorece o endebedamento das sociedades mercantís e dificulta a posibilidade de efectuar novas contratacións. Unha medida concreta que estimularía o emprego sería unha rebaixa importante do Imposto de Sociedades.

10.- FP e Universidade non son compartimentos estancos, senón que deben establecerse conexións entre ambos os estudos para favorecer a formación de cara ao emprego. Ademais, gran parte dos que cursan estes estudos consegue traballo dentro de Galicia. Co que quedar na súa provincia sería máis fácil para os mozos.

O Goberno está desbordado polos acontecementos e non sabe qué facer. E o que é peor, non acepta a colaboración que lle ofrece. España necesita a política económica do Partido Popular, baseada nun principio moi claro: traballar no presente para construír un futuro.