Lugo, a 30 de abril de 2010.- A comisión de sanidade do Partido Popular, que coordina José Manuel Piñeiro Somoza, manterá esta tarde unha reunión de traballo na que, ademais de abordar asuntos específicos de cada un dos colectivos profesionais do ámbito sanitario que a compoñen tales como a coordinación entre a atención primaria e de especialidades, a informatización das consultas ou as retribucións salarias, analizaranse asuntos de transcendencia común como a próxima apertura do novo hospital de Lugo ou o traslado das consultas do centro de especialidades.
Así, desenvolveranse á vez distintas mesas de traballo, en función das subcomisións creadas (médicos, veterinarios, farmaceuticos, enfermeiras e persoal non sanitario) e despois farase unha posta en común na que participarán, ademáis do presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, o voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Popular Rosendo Fernández e o presidente da Comisión de Sanidade do Parlamento Miguel Santalices.